Na tarde do pasado luns tivo lugar a presentación, e primeiro adestramento do equipo xuvenil 2013-14. Nesta ocasión os xuvenís estarán dirixidos por Alex González, quen á súa vez afronta a súa primeira temporada na entidade aresana.
Onte á tarde tivo lugar no local social do club a presentación oficial do adestrador de xuvenís para a próxima temporada. Alex González foi presentado pola Xunta Directiva aos integrantes do equipo xuvenil citados no local para o acto.
ÁLEX GONZÁLEZ DIRIXIRÁ AO NUMANCIA XUVENIL NA TEMPORADA 2013-14
Procedente do Eume cadete, Álex será presentado este vindeiro xoves, 20 de xuño ás 20.30 h. coma novo adestrador dos xuvenís aresáns, substituíndo a Marcos.
A vitoria do Numancia fronte ao Narón por 2 - 1 non lle foi suficiente aos aresáns para pasar a eliminatoria de semifinais. O 3 - 4 do partido de ida, obtido polos naroneses en Prados Vellos o pasado fin de semana, deixaba igualada a eliminatoria (5 - 5), pero o valor dos goles fora da casa apearon os de Ares da final da Copa A.F.A.C.O.
Uso de “cookies”
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”.
Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.