XUVENÍS. PRESENTACION DO ADESTRADOR Á PLANTILLA.
Onte á tarde tivo lugar no local social do club a presentación oficial do adestrador de xuvenís para a próxima temporada. Alex González foi presentado pola Xunta Directiva aos integrantes do equipo xuvenil citados no local para o acto.
Ares 21 de xuño do 2013.
Despois das presentacións e dunha primeira toma de contacto, Alex expuxo aos presentes o seu plan de traballo para a pretemporada. Ésta dará comezo, salvo imprevistos, o próximo 1 de agosto ás 20:00 h. As sesións de adestramento terán lugar tres días á semana, luns, mércores e xoves, cunha duración de hora e media aproximadamente.
Dende aquí damos de novo a benvida a Alex a Prados Vellos, onde esperamos e desexamos que se sinta como na súa casa.