XUVENÍS. OS XUVENÍS BOTAN A ANDAR.
Na tarde do pasado luns tivo lugar a presentación, e primeiro adestramento do equipo xuvenil 2013-14. Nesta ocasión os xuvenís estarán dirixidos por Alex González, quen á súa vez afronta a súa primeira temporada na entidade aresana.
Ares, 8 de agosto de 2013.
Alex procedente do Eume, estará auxiliado na faceta deportiva por José Antonio, Cartelle e Toni, quenes xa na pasada temporada realizaron esta labor xunto con Marcos Amor, quén na presente campaña estará o fronte do equipo de afeccionados.
Alex contará cunha plantilla xa experimentada na categoría posto que a maioría dos seus integrantes xa conformaban o equipo xuvenil da pasada temporada. Os xogadores que continúan da pasada temporada son: Pepe, Xaime, Adrián, Dani Cartelle, Roque, Darío, Isaías, Miguelito, Alberto, Andrés Nóvoa, Ángel, Iván, Marcelo, Martín e Miguel. A eles hai que engadir a chegada dos cadetes, Agustín, Brais, Kike, José Manuel e Roberto. Ademais na presente campaña o equipo xuvenil contará con tres novas incorporacións, Diego Couce e Jesús Lourido, ambos procedentes do Eume, e Diego Pérez, do Miño. Aos cales dende aquí aproveitamos para darlles a benvida a Prados Vellos, onde esperamos e desexamos que se encontren como na súa casa
Os xuvenis adestrarán tres días á semana: luns, mércores e xoves ás 20:00 h. E o primeiro partido de adestramento está fixado para o sábado, 10 de agosto ás 11:30 h. en A Gándara Eumesa tendo coma rival o Eume Deportivo.