COMPETICIÓN DA RÍA (1960-1975)
O 15 de Decembro de 1957 o Club compra en propiedade as primeiras parcelas de terreo do campo do Xuncal; en total, segundo documentos vellos, compráronse uns oito ferrados, pero cando chegou o momento da súa venda quedáronlle soamente 4.150 m2; como nese terreo había varios propietarios con documentos feitos de máis ou menos por ferrado, un experto fixo un estudo de toda a superficie que tiña e resultou que non había tantos ferrados, entón en partes proporcionais todos tiveron que perder un pouco.
Na temporada 1960 solicítase o ingreso na competición Ría de Ferrol, quedando terceiros na Liga e campións no primeiro trofeo “Concepción Arenal”. A alineación do Numancia no partido final deste trofeo, disputado co Esteiro, foi a seguinte: Fonte; Blanco, Biosca, Méndez; Suárez, Chucho; Moya, Lipe, Gabriel, Chente e Iza. A crónica desta final recolle as incidencias deste encontro, entre as que cabe destacar que o Numancia, con oito xogadores (foran expulsados Lipe –o mellor xogador do equipo-, Blanco e Chucho), e con empate a dous no marcador (goles de Iza e Chente), consegue o terceiro gol que lle dá a vitoria. O capitán do Numancia, Fonte, recibiu o trofeo entregado polo alcalde de Ferrol.
Na temporada 60-61 o persoal do Numancia estaba formada por: Dubido e Mingola, porteiros; Blanco, Chucho e Magariños, defensas; Pradous, Suárez e Chente, volantes; Lope, Sevila, José Luís San Gabriel. Iza Meigariños II e Piñeiro, dianteiros. Anxo Sánchez Gómez era o adestrador.
Participa nesta competición de Modestos de Ría, ata o ano 1975.
Curiosidades:
- Acta do 1 de maio de 1960:
”...que se celebre un torneo no mes de agosto para celebrar a inauguración do peche do campo e vestiarios, coa participación dos seguintes equipos: Galicia de Mugardos, Calvo Sotelo de As Pontes, Galicia Caranza e Numancia”. - Carta aberta do presidente Antonio Vázquez, datada en xaneiro de 1962:
“...o próximo domingo, 14, celebraremos un encontro entre o Galicia de Mugardos e o noso equipo que, ademais ten a finalidade de realizar unha pequena homenaze a Juan A. Ares Leira, a quen lle será imposta a insignia de oro do Numancia S.D.” - Acta do 30 de agosto de 1964:
”O club entrega ao homenaxeado, Marcelino, dunha artística copa de prata coa insignia do club en ouro. Este, pola súa parte, invitou aos xogadores e directivos a unha merenda de confraternidade”.
Na temporada 66-67 o equipo de xuvenís do Numancia consegue o Campionato de Liga, ascendendo de categoría para xogar a seguinte tempada o Campeonato de Galicia Norte; entre outros xogaban neste equipo campión: Perico Pazos, Jesús Manuel, Juan de Chanteiro, Nelo, Mahía, Juan Ramón, Lolo, Pita, Pacucho, etc.
En 1968, sendo presidente d. Rafael Mesías Vázquez, o Numancia legaliza o seu patrimonio, pasando a denominarse Sociedade Deportiva e Recreativa Numancia de Ares, con domicilio social provisional na Tarrafa ubicada na avd. Saavedra Meneses. Son aprobados os Estatutos de devandita Sociedade polo Ministerio da Gobernación e Goberno Civil da Coruña cos números 9365 e 192 dos Rexistros Nacional e Provincial respectivamente.
Curiosidades:
- Acta do 29 de maio de 1968:
“Comprobada a lesión do xogador Antonio López García (luxación do peroné da perna dereita), tendo marxe de curación para un mes como mínimo, polo que é necesarioi abonarlle o soldo, tendo en conta que a Mutualidade só lle paga cincuenta pesetas diarias”. - Acta do 30 de maio de 1969:
“infórmase que o partido de homenaxe ao sr. D. Juan Carro Piñeiro, secretario do club, será o 27de xullo, enfrontándose o Numancia e unha selección de modestos da ría”. - Acta do 30 de outubro de 1969:
“Acórdase a creación dunha sección de remo, denominándose Marítimo Numancia”. - Acta do 29 de xullo de 1970:
“un grupo de rapazas da localidade se ofrecen para xogar un partido contra as de Pontedeume, aceptándose a proposta”. - Acta do 3 de outubro de 1971:
“... traspasouse ao Club Ferrol o xogador “Pacucho”. - Acta do 16 de setembro de 1974:
“apróbase a proposta de presentar o equipo de infantís”.