Inicio Outros Deportes REMO. REGATA DE RIANXO
 
 

REMO. REGATA DE RIANXO

VITORIA DOS CADETES

O sábado pola tarde o club de remo de Ares viu ensombrecida a súa participación en Rianxo polos percances sufridos cun batel.


Rianxo, 13 de marzo de 2010
Comezou a regata coa regata da categoría PROMESAS FEMININAS na que conseguiron unha brillante segunda praza cun batel formado por Aida Prieto, Nerea Vázquez, Cristina Reborido e Sara Freire, con Bolita de patrón. A clasificación quedou así:

 

1 A.D. ESTEIRANA  04:56:71 
2C.R. ARES   05:06:83 
3C.R. A CABANA   05:07:80 
4C.R. CABO DA CRUZ  05:20:17 
5C.R. A CABANA "B"  05:28:05 
6C.R. RIANXO   05:36:30 
7C.R. RIANXO "C"  05:52:29 
8C.R. CABO DA CRUZ "B" 05:53:41 
9C.R. RIANXO "B"  06:04:23 
10C.R. PUEBLA   06:14:49  

Na categoría INFANTIL repetiron a segunda praza os aresáns, por detrás de Cabo de Cruz. A formación foi a mesma coa que participaran a semana anterior en Esteiro:Iván Romero, Julián Sixto, Jonathan Aguilar e Bran Rodríguez, co mesmo patrón (Bolita).

1 C.R. CABO DA CRUZ  04:43:75 
2 C.R. ARES  05:03:94 
3 C.R. A CABANA  05:10:07 
4 C.R. CABO DA CRUZ "B" 05:20:94 
5 C.R. PUEBLA  05:43:30 
6 A.D. ESTEIRANA  05:52:14 
7 C.R. RIANXO "B"  06:01:39 
8 C.R. NOIA  06:29:24 
9 C.R. RIANXO  07:29:78 
10C.R. A CABANA "B"  07:30:08 

A terceira regata serviu para comprobar como os CADETES teñen posibilidades de loitar pola clasificación para o campionato galego. Se en Esteiro non acabaron a regata debido a un despiste, aquí en Rianxo saíron convencidos das súas forzas e conseguiron unha vitoria meritoria. Daniel Vázquez, Juan Sixto, Abraham Vázquez e Adán Prados, con Fran Carretero de patrón foron os remeiros nesta ocasión.

1 C.R. ARES   07:30:32 
2 C.R. RIANXO  07:49:00 
3 C.R. RIANXO "B"  08:12:65 
4 C.R. PUEBLA  08:18:08 
5 C.R. MERA   08:40:83
6 C.R. A CABANA  08:41:98 
7 C.R. PERILLO  08:49:01 
8 A.D. ESTEIRANA  08:53:28 
9 C.R. RIANXO "C"  09:00:68 
10C.R. CABO DA CRUZ 09:32:73 
11A.D. ESTEIRANA "B" 10:40:83 
          
Na categoría XUVENIL, cando ía comezar a regata e no intre en que os xuíces chamaban por Ares foi cando comezaron as adversidades pois descubrimos que había un batel afundido que xa estaba sendo remolcado por un barco. Lamentablemente, era o batel aresán no que ían Sergio, Adrián, Iago e Mahía e que xa estaban no barco. O patrón, Bolita subira á zodiac da organización. O forte vento provocara a entrada de auga no batel durante o adestramento previo á regata, regata que xa non puideron iniciar.

Finalizou esta regata de Rianxo coa participación das SENIORS aresáns: Sonia Rañales, Sandra Pena, Sara Saavedra e Judit Maroño. O patrón foi Fran Carretero.

1 C.R. CABO DA CRUZ 09:22:65 
2 C.R. A CABANA  09:48:18 
3 C.R. ARES  10:40:17 
   
Xa de regreso para Ares, produciuse un desgraciado accidente na autoestrada, soltándose un batel que impactou cun vehículo ocupado  por un matrimonio. Por sorte, non houbo que lamentar daños persoais, quedando todo na perda do batel (quedou destrozado) e no automóbil que sufriu daños importantes.
  
Doutra banda, no OPEN DAS NACIÓNS celebrado en Castrelo do Miño as remeiras cadetes obtiveron uns resultados moi aceptables, mesmo realizaron un mellor tempo có equipo da selección galega.

Por último, sinalar a cuarta posición da traíña aresá no IV DESCENSO DO NAVIA, celebrado este domingo. Vilaxoán, Perillo, A Cabana e Ares, por esta orde, foron as primeiras clasificadas, seguidas de Vila de Cangas, Rianxo, Luanco, As Xubias e a traíña local Remeiro de Navia.
 

Club de Remo de Ares. Tripulación Cadetes. Juan, Adán, Abraham e Daniel. Rianxo (13/03/2010)Club de Remo de Ares. Remolque. Rianxo (13/03/2010)

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.