Inicio Outros Deportes REMO
 
 

REMO

O Club de remo de Ares participará esta fin de semana nas regatas de Rianxo, Castrelo do Miño e Navia.

 

Ares, 12 de marzo de 2010

En bateis, mañá sábado desprazarán a Rianxo cinco equipos para participar nunha regata de liguilla que comezará ás 16.00 h.:
PROMESAS FEMININO: Aida, Nerea, Cristina e Sara con Álex de patrón.
INFANTIL MASCULINO: Iván, Julián, Jonathan e Bran tamén con Álex de patrón.
CADETE MASCULINO: Daniel, Juan, Abraham e Adán. O patrón, Álex.
XUVENIL MASCULINO: Sergio, Mahía, Adrián e Iago, con Fran de patrón.
SENIOR FEMININO: Sonia, Sara, Judith e Laura. O patrón, Fran.

Tamén mañá comezará a regata Open das Nacións – IV Descenso do Ribeiro e o IX campionato de España de seleccións autonómicas. O club aresán presenta nesta regata que se celebrará o sábado e o domingo na localidade ourensá de Castrelo do Miño, un catro scull cadete feminino formado por Aida Carro, María Saavedra, Nicole Maroño e Sheila Fernández. Na primeira xornada disputarán a fase clasificatoria ás 18.00 h. medíndose a dous equipos estranxeiros: un portugués e outro irlandés e o domingo disputarán as finais.
Nesta regata internacional, todo un referente no ámbito europeo, competirán máis de setecentos remeiros e remeiras de España, Portugal, Gran Bretaña, Irlanda, Austria e Rusia.

Para finalizar, a traíña de Ares desprázase a Asturias para disputar a bandeira de Navia. Esta proba comezará ás 16.00 h. do domingo.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.