Inicio Outros Deportes CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA
 
 

CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

5ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE PARA OS EQUIPOS DE ARES.

A salsa da xornada  púidose disfrutar en Chanteiro onde se enfrontaron dous dos equipos locais. 

 1ª CATEGORÍA.

CC Outeiro 0 - Lar de Picas B 4.

Pequena sorpresa en Chanteiro coa vitoria do Lar de Picas B nunha xornada onde os da vila estiveron bastantes acertados e os locais quizás estean baixando o ritmo.

Na primeira partida o resultado foi de 26 - 38 e na segunda de 32 - 42. O máximo chavista do partido foi Bastida con 31 chaves, seguido de Tino con 28. As outras chaves do Lar de Picas B conseguíronas Javier (11) e Fran (4). Por Outeiro, Chao con 22 chaves foi o seu máximo chavista, seguido por Lucho (18) e Juan (18).

O Lar de Picas ocupa o 5º posto na clasificación xeral con 11 puntos (208 chaves) e tres xornadas desputadas. O CC Outeiro ocupa o 8º posto con 6 puntos (265 chaves) e catro xornadas desputadas.

2ª CATEGORÍA.

As Pintegas 2 - Club de Tenis 2.

Reparto de puntos nesta quinta xornada na que se enfrontaban As Pintegas de Perlío e o Club de Tenis de Redes. A xornada prevista para este sábado tivose que adiantar ao xoves. Motivos laborais impedían a algúns tiradores de As Pintegas celebrala na data prevista.

A primeira partida rematou 35-17 a favor de As Pintegas, e a segunda adxudicárona os de Redes por un axustado 23-25. Pablo (24 chaves), Kuba (11) e Irra (23) foron os chavistas do equipo de Perlío. E Victor (18 chaves), Carlos (11) e Manel (13) foron os compoñentes do Club de Tenis.

O Club de Tenis ocupa o 8º posto na clasificación xeral con 4 puntos (173 chaves) e catro xornadas desputadas.

A Curva do Paz 0 - Kafeta 4.

A vitoria da Kafeta permitelle sair da parte baixa da taboa.

Na primeira partida os de Ares impuxéronse por 23 - 31 e na segunda por 21 - 28. Cho (35 chaves), Fran (27) e maniños (18) foron os chavista da Kafeta. E Pichi (18), Juani (13), Marcos (8) e Álvaro (5) foron os tiradores Da Curva do Pazo.

Para a proxima xornada estes son os emparellamentos:

1ª Categoría.

Lar de Picas B - Bar Xomar.

A.VV. Serantes - CC Outeiro.

2ª Categoría.

Club de Tenis - Emigrante Madalum

Kafeta - Emigrante A.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.