Inicio Outros Deportes III CAMIÑARES. CAMIÑO INGLÉS A COMPOSTELA
 
 

III CAMIÑARES. CAMIÑO INGLÉS A COMPOSTELA

Asociación Recreativa BIMARES. III Camiño a Compostela.A Asociación Recreativa BIMARES organiza o III Camiñares. Camiño Inglés a Compostela.  

 

A Asociación Recreativa BIMARES organiza o “III Camiñares”, unha actividade consistente na realización do Camiño Inglés a Compostela dende a localidade de Ares, o percorrido realizarase en catro etapas.

Diás / Etapas / Percorrido:
11de abril / Ares - San Pantaleón das Viñas / 24 kilómetros.
17 de abril / San Pantaleón das Viñas - San Paio de Vilacova / 25 kilómetros.
25 de abril  / San Paio de Vilacova - Santa Cruz de Montaos / 28 kilómetros.
1 de maio / Santa Cruz de Montaos - Santiago de Compostela / 26 kilómetros.

A cota establecida para poder participar é de 30 euros, que se deberán ingresar previamente na conta de Caixa Galicia número 2091-0211-27-3000065434, indicando o nome completo do inscrito.

O prazo para as inscripcións finaliza o venres 9 de abril as 20:00 h, e poderanse formalizar no teléfono 646 413 548 ou mediante o correo electrónico que se atopa na páxina web da asociación.

O venres 9 de abril, as 19:00 horas, terá lugar unha reunión informativa cos inscritos no salón de actos da Alianza Aresana. 

 Máis información en: www.bimares.net

 

Asociación Recreativa BIMARES. III Camiñares. Camiño Inglés a Compostela.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.