REMO. REGATA EN CORCUBIÓN
Participación satisfactoria.
Sábado, 7 de marzo de 2009
Tombo.
A participación das tripulacións aresás nesta regata de liguiña, dámola como satisfactoria. Ares participou con catro bateis en catro categorías. O mar e o tempo deixaron remar en boas condicións.
En infantil/cadete feminino, o batel aresán participou cunha tripulación moi competitiva e con caras novas: a patroa, na súa primeira regata; e unha remeira que tamén dá os seus primeiros pasos. Dúas remeiras que participaron na concentración da selección galega fan que este bote teña posibilidades de gañar na zona norte.
Na categoría infantil masculina, tamén con caras novas, os remeiros fixeron unha gran regata e separounos de estar máis cerca o non ir cos mellores, xa que bogaron na manga B.
En cadetes, un cambio de última hora fixo que os remeiros non remaran como estaban adestrando e adaptáronse a unha regata que foi moi difícil desde o principio.
Xa en xuvenís, nesta regata preparatoria os aresáns remaron moi baixos de palada.
< Anterior | Seguinte > |
---|