Inicio Outros Deportes REMO. Comezo da temporada de bateis
 
 

REMO. Comezo da temporada de bateis

O club de remo de Ares comezou a temporada de bateis na casa

Sábado, 28 de febreiro de 2009

Xoán.

Club de Remo de Ares. Bateles. Categoría Infantil FemeninaEste sábado celebrouse en Ares a primeira regata da temporada e o campo de regatas estivo situado por dentro do espigón, estando a meta á altura da rampa do Alfoli.

Comezou a xornada coa participación en categoría infantil feminina das tripulacións de tres clubs da comarca. O batel da Cabana chegou en primeira posición, seguido polo de Ares e Mugardos. Indicar que o elenco aresá estivo formado por Sheila, María, Cristina, Nicole e Aida.

A continuación, na categoría infantil masculina, os aresáns (Julián, Adrián, Miguel, Iván e Alejandro) alcanzaron a terceira praza, por detrás de A Cabana e Perillo.

Club de Remo de Ares. Bateles. Categoría Infantil MasculinaXa en cadete masculino, celebráronse dúas tandas: na primeira, A Cabana logrou unha ventaxa importante sobre Ares -Juan, Fran, Dani Planas, Dani Vázquez e Alejandro (p)-, que na clasificación final alcanzou a segunda posición, por diante de Cabana B, Mugardos e .Perillo.

Seguidamente, os xuvenís de Ares -Sergio, Pedro, Mahía, Carlos e Adrián (p)-, conseguiron entrar entre os dous equipos presentados por A Cabana.

Finalmente, na categoría senior a vitoria foi para o batel de San Felipe, seguido de Cedeira, Narón, Narón B e Mera.

Os tempos logrados por cada batel poden consultarse en www.todoremo.com

Comentar que estas regatas serven de preparación de cara ao campionato territorial norte a celebrar o 11 de abril na Poboa do Caramiñal.

O calendario destas regatas é o seguinte:

7marzo: Regata de Liguilla Corcubión

14marzo: Trofeo Concello de Narón

19marzo: Regata de Liguilla Rianxo

21marzo: IV Bandeira Santiago Sur Galicia, Esteiro

28marzo: VII Bandeira Concello de Ferrol, A Cabana

4abril: III Bandeira Concello de Boiro, Cabo de Cruz

11/12 abril: Cto. Territorial Norte Bateis Puebla

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.