Inicio Outros Deportes REMO. FASE FINAL DO TERRITORIAL NORTE DE BATEIS
 
 

REMO. FASE FINAL DO TERRITORIAL NORTE DE BATEIS

Club Remo de Ares. Fase Final del territorial Norte de Bateles.Dúas medallas e pleno na clasificación para a final.

 

Domingo, 12 de abril de 2009

 

O C.R. Ares clasificou a todos os equipos para a final do campionato galego que se disputará o próximo sábado, 18 de abril, en Vilaxoán.

Nesta regata disputada no excelente campo de regatas da Póboa clasifícábanse as catro primeiras embarcacións para as semifinais do campionato galego de bateis.

 

Club Remo de Ares. Fase Final del territorial Norte de Bateles.CATEGORÍA PROMESAS FEMENINO

A embarcación aresá dominou claramente esta regata, conseguindo a medalla de ouro

1º. Ares 4:29

2º. Esteirana 4:33

3º. A Cabana 4:36

4º. Perillo 4:46

5º. Cabo de Cruz 5:01

 

Club Remo de Ares. Fase Final del territorial Norte de Bateles.CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

Aínda que foron os quintos en entrar na meta, o equipo de Ares conseguiu a clasificación por mor da descualficación do batel da Pobra que entrara segundo na meta pero polo lado contrario da boia. Queda claro que ata o final non se pode cantar a vitoria nin entregar a derrota.

1º. Muros 4:20

2º. Esteirana 4:24

3º. Rianxo 4:28

4º. Ares 4:31

5º. Pobra eliminado

 

Club Remo de Ares. Fase Final del territorial Norte de Bateles.CATEGORÍA CADETES

Os cadetes alcanzaron a cuarta posición que lles asegura o pase á final de Vilaxoán. Con esta clasificación poden sentirse satisfeitos tendo en conta que todos os remeiros son de primeiro ano.

1º A Cabana 6:21

2º Esteirana 6:24

3º Rianxo 6:25

4º Ares 6:31

5º Cabo de Cruz 6:41

 

Club Remo de Ares. Fase Final del territorial Norte de Bateles.CATEGORÍA XUVENIL

Estiveron cerca do segundo posto pero tiveron que conformarse coa medalla de bronce, en estreita loita coa Cabana.

1º Cabo de Cruz 8.43

2º A Cabana 8.47

3º Ares 8:49

4º Muros 9:30

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.