UNHA ENTRADA, UN XOGUETE
Organizado a iniciativa da delegación de fútbol de Ferrol, este venres, 4 de xaneiro, disputarase en Ferrol, ás 20.30 h. no campo da Gándara 2, un partido benéfico que procura a recollida de xoguetes, en colaboración coa asociación Dignidad Ferrol. Lembramos que se trata de que cada asistente ao encontro entregue un xoguete na entrada do campo.