Xuvenís: O Numancia sae beneficiado da súa xornada de descanso.
Os resultados favoreceron ó equipo xuvenil na xornada donde tiña que descansar.
Xelo.
Xornada de descanso moi propicia para os xuvenís do Numancia xa que o seu dous rivais directos para a disputa da praza en xogo polas semifinais perderon o San Sadurniño caeu en Caranza por dous goles a un e o Cedeira perdeu na súa casa co Portuarios por un gol a catro. Coa vitoria o Caranza asegúrase a primeira praza do grupo, aínda que podería ser alcanzado a puntos polo Numancia, o Galicia de Caranza ten o "gol-average" a favor. O Cedeira xa non ten posibilidades de clasificación e a segunda praza xogásenlla Numancia e San Sadurniño no último partido. Ao Numancia válelle calquera resultado excepto unha derrota por catro ou máis goles de diferenza. Dada a importancia do partido animo a todos os afeccionados a desprazarse a semana que vén a San Sadurniño para animar aos xuvenís na disputa deste importantísimo partido. No outro grupo de copa xa están decididos os dous equipos que disputarán as semifinais o Mugardos como primeiro de grupo e o Meirás como segundo cos cal os cruces de semifinais quedan do seguinte xeito: Mugardos - Numancia de Ares ou San Sadurniño, e Galicia de Caranza - Meirás.
Aupa Numancia