Historia

Apuntes sobre a historia do Numancia

Primeiros anos

No ano 1929, da fusión dos dous equipos existentes en Ares, O Aresano e O 'Rompe e Racha', nace o Numancia F.C.

Bernardo Martínez Oller, un dos fundadores do equipo apunta que “o nome tan histórico con que bautizamos o club, penso que foi polas leccións de Historia de España que un gran mestre da Alianza nos ensinaba a cotío; semella que nos pareceu ben a todos a xesta da heroica resistencia dos numantinos”.

Numancia CF 1929

Unha das primeiras formacións do Numancia no ano 1929
Andrés Yáñez, Agustin Sánchez Toñito Escudero, Arito Martínez e Toñito Caracho
Ángel Pedreira, Jesús Bardanca
Javier da farmacia, Julio Varela, Toñito Sisto e Licho Sánchez

Numancia CF 1929

Unha das primeiras formacións do Numancia. 1929
Toñito de Golpe, Arito de Primitivo, Jesús Bardanca, Ángel Pedreira, Agustín Sánchez, Andrés Yáñez;
Javier da farmacia, Julio Varela, Toñito Sisto,Toñito caracho e Licho Sánchez

Imaxes e nomes facilitados por Domingo Carpente Pérez