BENXAMÍNS: NUMANCIA, 9 – PERLÍO, 2
Xusta vitoria
Venres, 13 de marzo de 2009.
Eloy.
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián; Alexis, Antonio (cap.),Pablo; Carlos Piñeiro, Antón; Axel. Tamén entraron: Fernando, Fran, Marcos, Haakon e Luis.
ÁRBITRO:Jorge Martínez Varela
GOLES: Antón (4), Axel (3), Carlos Piñeiro (1) e Adrián (1)
COMENTARIO: Vitoria importante para o Numancia de cara a intentar seguir escalando posicións na clasificación. Unha primeira parte na que o equipo local concedeu dous goles en sendos erros defensivos: o primeiro por non despexar ben o balón e o segundo por falta de contundencia.
Na segunda parte, dominio claro do Numancia onde todos querían buscar o gol e unirse desa forma á festa, deixando moi só en defensa na defensa a Fran, quen con boa colocación resolveu ben. O noso porteiro, Fernando, apenas tivo que intervir.
Destacar a Adrián (porteiro), a quen se lle deu a oportunidade de xogar uns minutos coma xogador de campo e respondeu marcando un gol. Tamén a Axel, quen parece que empeza a cumprir co que todos esperamos del. Antón e Carlos, que levan xogando tres partidos consecutivos a un gran nivel, dando equilibrio ao equipo no centro do campo.
Polo Perlío, destacar ao número dez (fillo do emblemático Bruno, ex-xogador do Maniños), un chaval con moi boas maneiras que creou moito perigo na primeira parte