REMO. FASE FINAL DO TERRITORIAL NORTE DE BATEIS
Dúas medallas e pleno na clasificación para a final.
Domingo, 12 de abril de 2009
O C.R. Ares clasificou a todos os equipos para a final do campionato galego que se disputará o próximo sábado, 18 de abril, en Vilaxoán.
Nesta regata disputada no excelente campo de regatas da Póboa clasifícábanse as catro primeiras embarcacións para as semifinais do campionato galego de bateis.
A embarcación aresá dominou claramente esta regata, conseguindo a medalla de ouro
1º. Ares 4:29
2º. Esteirana 4:33
3º. A Cabana 4:36
4º. Perillo 4:46
5º. Cabo de Cruz 5:01
Aínda que foron os quintos en entrar na meta, o equipo de Ares conseguiu a clasificación por mor da descualficación do batel da Pobra que entrara segundo na meta pero polo lado contrario da boia. Queda claro que ata o final non se pode cantar a vitoria nin entregar a derrota.
1º. Muros 4:20
2º. Esteirana 4:24
3º. Rianxo 4:28
4º. Ares 4:31
5º. Pobra eliminado
Os cadetes alcanzaron a cuarta posición que lles asegura o pase á final de Vilaxoán. Con esta clasificación poden sentirse satisfeitos tendo en conta que todos os remeiros son de primeiro ano.
1º A Cabana 6:21
2º Esteirana 6:24
3º Rianxo 6:25
4º Ares 6:31
5º Cabo de Cruz 6:41
Estiveron cerca do segundo posto pero tiveron que conformarse coa medalla de bronce, en estreita loita coa Cabana.
1º Cabo de Cruz 8.43
2º A Cabana 8.47
3º Ares 8:49
4º Muros 9:30
< Anterior | Seguinte > |
---|