TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES (ADC MOECHE - NUMANCIA)
RUBÉN ALLEGUE, O MAIS VALORADO NO MUNICIPAL DE MOECHE
Boa nota para os nosos xogadores no partido do pasado domingo no Municipal de Moeche. Alex Pita, Dani Espiñeira e Rubén Allegue foron os mais destacados, conseguindo este último o vitoria semanal por apenas dúas décimas. Cos seus dous goles en Moeche, Rubén consolídase como un dos goleadores do equipo, na temporada da súa volta ao fútbol despois de superar algùns problemas físicos que o apartaron dos campos anos atrás. Desexamos que a saúde siga respetando a este canteirán do Numancia e que poidamos celebrar moitos mais goles de Rubén esta tempada.
PUNTUACIÓNS ADC MOECHE - NUMANCIA DE ARES
Rubén - 4,7
Dani Espiñeira - 4,5
Alex Pita - 4,5
Kike - 4
Óscar - 4
Amenedo - 3,5
Marcelo - 3,5
Antón - 3,5
Elías - 3,5
Iván "Pivo" - 3,5
Emi "Maga" - 3,5
Julio - 3
Juan - 3
Joaquín - 3
Pablo Ferro - 3
O próximo sábado ás 17:30 en Prados Vellos ante o CD Cariño, última partido do premio da regularidade PREMIO BODEGAS&VINOS ARES do mes de Outubro.
AUPA NUMANCIA