TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES (Numancia - CD Rosalía)
CARLOS VÁZQUEZ ACADOU A MÁXIMA NOTA. A XUVENTUDE PIDE PASO
Na goleada do pasado domingo ante o CD Rosalía en Prados Vellos, moitos dos nosos xogadores acadaron un aprobado, incluso con boa nota, aínda que algún dos votantes DETECTOU algunha que outra fisura no traballo defensivo do equipo. Carlos Vázquez, da xeneración do 98, foi o xogador mais destacado do Numancia, cunha gran actuación culminada con tres goles. A semana pasada era Iván "Pivo" o que acadaba a máxima nota. Esta semana foi Carlos, un xogador que si as lesións o respetan pode dar moito a este equipo, así como os seus compañeiros do 98, Fran Fernández e Óscar Martínez, campións de Liga Xuvenil fai tres temporadas e que pouco a pouco van aséntandose no primeiro equipo no seu segundo ano de modestos.
O delegado do equipo, Jose Antón, o directivo Cartelle e o "killer" do Numancia, Chapu, ausente no terreo de xogo neste partido, puntuaron da seguinte maneira aos nosos xogadores:
CARLOS VÁZQUEZ - 5
JULIO - 3,33
ELÍAS - 3
RUBÉN - 3
DANI ESPIÑEIRA - 3
FRAN - 3
IVÁN - 3
KIKE - 3
ÓSCAR - 3
BERTO - 2,66
AMENEDO - 2,66
MARCELO - 2,66
ANTÓN - 2,66
FERRO - 2,66
VICENTE - 2,66
Iván "Pivo" e Carlos Vázquez con 8 puntos, lideran a clasificación mensual cando levamos disputados dous partidos de Liga. O equipo xa prepara o esixente partido do próximo domingo ás 17:30 no Misael Prieto ante o Meirás CF; un encontro que a bo seguro será unha boa proba para medir como se atopa o equipo nestos momentos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡