TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2018: BARALLOBRE, 3 - NUMANCIA, 4
VITORIA SUFRIDA NO RAMO
O mellor, os tres puntos conseguidos no último minuto.
Ares, 22 de xaneiro de 2018.
San Vicente “Chapu” rescatou ao Numancia no último minuto dándolle tres puntos máis que necesarios para non quedar totalmente descolgados na clasificación. O partido disputado no Ramo pode cualificarse de moi “pobre”, con continuos erros por parte de todos os xogadores. Só a incerteza no resultado foi quen de reter ao público nas instalacións barallobrenses.
Aparte do resultado final, para o Numancia o máis positivo foi a reaparición de Alejandro Pita, unha vez superadas as molestias que o tiveron apartado dos campos uns dous meses.
Os participantes nas votacións do trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares” foron: Paulo González (monitor), Esteban (xogador lesionado) e Chema (afeccionado incondicional) e estas foron as súas puntuacións:
CHAPU 9
FRAN 9
MARTÍN 9
AMENEDO 8
CARLOS V. 8
EMI 8
ELÍAS 7
IVÁN 7
JULIO 7
PITA 7
KIKE 7
ESPIÑEIRA 6
JOAQUÍN 6
ÓSCAR 6
JUAN 5
A falta do partido do vindeiro domingo, a clasificación do mes de xaneiro está moi igualada, con moitos xogadores con posibilidades de levar o premio do mes:
CHAPU 24
ELÍAS 24
EMI 24
MARTÍN 23
JOAQUÍN 22
AMENEDO 21
ESPIÑEIRA 21
ÓSCAR 21
KIKE 20
FRAN 18
CARLOS V. 16
JULIO 16
ALBERTO 14
JUAN 14
ESTEBAN 12
ARNOSO 7
IVÁN 7
PITA 7
Iván Drago 6
Fran ANIDO 6