TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017. 2ª FASE, 3º XORNADA
CARLOS ARNOSO E CHAPU, ARTÍFICES DA VITORIA
Outros dous goles de Chapu dábanlle a vitoria ao Numancia no descanso do partido ante un Cebarca moi batallador.
Ares, 4 de decembro de 2017.
Comezamos o mes de decembro sumando outros tres puntos que nos colocan provisionalmente na terceira posición da liga. Só van 3 xornadas e aínda nos esperan moitos partidos por diante nunha temporada na que será importantísimo recuperar os xogadores lesionados así como estar en condicións físicas óptimas (adestrar é unha necesidade) se queremos continuar nesas posicións.
No descanso do partido sorteáronse dúas minicestas de Nadal que foron para Antonio, o pai de Elías, e para Genete, aos que felicitamos polo premio conseguido e agradecemos a súa colaboración xunto a todas as persoas que domingo a domingo compran rifas que axudan a paliar os gastos da sociedade.
Con respecto ao partido, indicar que o Numancia conseguiu tres puntos ante o Cebarca, repetindo o resultado da primeira fase (3 – 1) nun encontro moi trabado, cun rival que nunca se rende e que estivo preto de conseguir a igualada. Como indican as puntuacións dadas aos xogadores, o partido decidiuse nas áreas e aí Chapu non perdoa e Carlos Arnoso estivo espectacular. Xa o resultado moi apertado 2 – 1, os locais pecharon o partido nun contraataque onde a velocidade de Ángel foi determinante, regalándolle o balón a Iván para que o empurrase a portería baleira.
E comezamos a sumar puntos para o Trofeo á Regularidade deste mes de decembro, patrocinado por Bodegas e Viños Ares. Nesta ocasión foron compañeiros dos protagonistas os elixidos para puntualos: Vicente, Amenedo e Álvaro valoráronos así:
ARNOSO 13
CHAPU 13
EMI 12
JULIO 11,5
ÁNGEL 10
IVÁN 9,5
ALBERTO 9
JUAN 9
ÓSCAR 9
ELÍAS 8,5
ESPIÑEIRA 8,5
ESTEBAN 8,5
FRAN 8,5
MARTÍN 8,5
JOAQUÍN 6
O domingo, 10 de decembro, ás 16.00 comezará o partido correspondente á cuarta xornada, xogándose en Caranza ante un equipo que aínda non conseguiu a vitoria nesta liga.