XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE CAFETERÍA "EL NAVÍO". 5ª SEMANA

SEMIFINAL DE COPA: NUMANCIA, 4 – PORTUARIOS, 2

Houbo que sufrir e remontar un 1 – 2, pero ao final, conseguiron a clasificación para a final. Adrián Aneiros foi o xogador máis valorado do partido, conseguindo a nota máxima (5), mentres que Pablo Cartelle gaña o trofeo á Regularidade de decembro, patrocinado pola Cafetería El Navío.
Ares, 28 de decembro de 2016.
Necesitaban esta vitoria e merecían o pase á final. Non xogaron mal na primeira parte pero as finalizacións foron moi inocentes, con disparos ás mans do porteiro. Houbo que esperar aos minutos finais para adiantarse no marcador grazas a un innecesario penalti do porteiro visitante que Carlos transformou en gol. Descanso con vantaxe para os aresáns no marcador e con dominio no partido.
A volta foi terrorífica. Dúas accións seguidas déronlle a volta ao marcador. Na primeira, o infortunio provocou que un despexe de Tito rebotara en Óscar e collera cara a portería onde Babacar só tivo que empuxar. Dous minutos despois un penalti de Tito sobre Babacar permitiu que o Portuarios se adiantara. Había que marcar dous goles e quedaba moito tempo por diante. Nestas eliminatorias os detalles son decisivos e foi precisamente, a autoexpulsión dun defensa visitante o que deu azos ao Numancia. Carlos empatou o partido e Antón anotou o gol que daba a clasificación. Xa ao final, Carlos levou a tranquilidade anotando de falta directa o cuarto e definitivo gol.
Con este último partido remata un ano magnífico para os xuvenís adestrados por Miguel Carballeira e José Antón, logrando o título de liga da temporada 2015-16 e a clasificación para a final de Copa desta temporada.
A valoracións individuais do partido foron outorgadas por xogadores do Numancia que a temporada pasada eran xuvenís: Ángel, Marcelo, Alberto e Iván, destacando a máxima nota obtida por Adrián Aneiros, sen dúbida un premio que servirá para darlle ánimos para o resto da temporada. Así foron: 
ADRIÁN 5
CARLOS V 4,8
CARTELLE 4,2
ANTÓN 3,8
SERGIO 3,6
TITO 3,5
NICO 3,4
FRAN ANI 3,3
ÓSCAR 3,1
BARREIRO 3
BIRAMA     3
CAVEZZA        3
FERRO 2,8
ROLO 2,5
LUÍS                2,5

A nota media subiu ata un 3.5, un punto por riba das últimas actuacións.

Rematados os partidos deste mes, xa temos o gañador dunha cea para dúas persoas que ofrece a Cafetería “El Navío” ao xogador máis regular. E este foi Pablo Cartelle, seguido de preto por Carlos:
CARTELLE 19,5
CARLOS V 19,4
ÓSCAR 16,9
NICO 13,8
ROLO 13,8
FRAN ANI 13,6
BARREIRO 13,4
TITO 12,5
ANTÓN 11,7
FERRO 11,1
LUÍS          11,1
BIRAMA 10
ADRI ANEI 9,3
CAVEZZA        9,1
SERGIO 8,8
RAÚL ANI 8
GIL         6,9
FEAL 5,9
MIGUEL 4,8
ÁLVARO 1,8
EMI         0
FRAN 0
J. CARLOS 0
SAAVEDRA 0

Sumando os tres meses nos que valoramos as actuacións dos xuvenís, a táboa vai encabezado por Carlos, seguido de preto polo capitán Óscar:
CARLOS V 48,19
ÓSCAR 46,13
CARTELLE 40,13
ANTÓN 38,49
FRAN ANI 38,13
ROLO 36,88
FERRO 31,13
BIRAMA 28,75
LUÍS          28,46
NICO 26,06
RAÚL ANI 25,75
GIL         24,50
BARREIRO 23,19
CAVEZZA        22,69
SERGIO 19,21
ADRI ANEI 16,00
FEAL 15,13
ÁLVARO 14,63
MIGUEL 13,70
TITO 12,50
EMI         10,25
J. CARLOS 4,50
SAAVEDRA 4,50
FRAN 0,00
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.