XUVENÍS: TROFEO Á REGULARIDADE "CAFETERÍA EL NAVÍO". SEMANA 1

PABLO CARTELLE, XOGADOR DESTACADO O DOMINGO EN PRADOS VELLOS.

De central ou de medio centro, Pablo Cartelle foi un baluarte.
Ares, 4 de decembro de 2016.
Na mañá deste domingo disputouse en Prados Vellos a terceira xornada da liga xuvenil entre o Numancia e o As Pontes, cun resultado final de 2 - 5.
A presión inicial dos ponteses fixo moito dano no equipo de Carballeira e José Antón dándolles unha vantaxe de dous goles coa que chegaron ao descanso. Coa volta ao campo na segunda parte chegaron os dous goles do empate do Numancia nun inicio brillante pero despois non acertaron cun terceiro gol que tiveron nas súas botas mentres que o As Pontes si soubo aproveitar os erros dos locais. Outros 3 puntos que escapan de Prados Vellos.
Como xa se anunciou anteriormente, este mes de decembro o trofeo á Regularidade dos xuvenís estará patrocinado pola Cafetería – Mesón “El Navío”.
Cristian Antón (de visita por Prados Vellos) xunto a Adrián Aneiros, Emi Magariños e Pablo Ferro foron os xuíces neste partido e estas foron as súas notas:
CARTELLE 4,25
ÓSCAR 4
ANTÓN 3,25
BARREIRO 3
FRAN ANI         2,75
LUÍS         2,75
ROLO 2,75
RAÚL ANI         2,5
CARLOS V 2,25
SERGIO 2,25
GIL         2
TITO 2
BIRAMA 1,75
CAVEZZA 1,75
FEAL 1,75
NICO 1,5

A nota media do equipo queda nun aprobado moi xustiño: 2.5
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.