TROFEO Á REGULARIDADE. RESTAURANTE A FERRADURA
O RESTAURANTE “A FERRADURA” PATROCINARÁ O PREMIO Á REGULARIDADE NESTE MES DE NOVEMBRO.
Antón e Carlos, seguidos de preto polos irmáns Anido, lideran a clasificación neste primeiro partido de novembro.
Ares, 7 de novembro de 2016.
Os tres puntos conseguidos ante o San Sadurniño aseguran como mínimo a segunda posición, a falta do partido de Cariño para o remate desta fase. Un novo éxito na categoría de xuvenís, realizando unha brillante primeira fase de Liga, con sete vitorias e un empate. Aínda así, han de mellorar bastante no xogo para poder manterse nas primeiras posicións durante a segunda fase da liga. De momento, xa poden saborear por segundo ano consecutivo a clasificación para as semifinais de Copa.
Continuando coa idea de premiar a regularidade destes rapaces, recorrendo aos establecementos hostaleiros de Ares, énos grato poder anunciar que o mes de novembro será o mes do restaurante “A Ferradura”.
Os voluntarios para cualificar aos xogadores foron nesta ocasión, os afeccionados Chemari e Jorge Martínez, xunto ao directivo Cartelle e ao monitor Paulo González. A destacar a estrea de Adrián Barreiro coas cores do Numancia, conseguindo o seu primeiro gol
ANTÓN 4
CARLOS V 4
FRAN ANI 3,75
RAÚL ANI 3,5
BARREIRO 3
ÓSCAR 3
FERRO 2,75
CARTELLE 2,5
ÁLVARO 2,25
BIRAMA 2,25
LUÍS 2,25
SAAVEDRA 2,25
ADRI ANEI 2
GIL 2
MIGUEL 2
ROLO 2