TROFEO MURILLO VITERI. CARIÑO - NUMANCIA
ZETA, O XOGADOR DO MES DE FEBREIRO
Excelente o partido de Cariño e actuacións destacadas de Carlitos e Manu. A gran regularidade de Zeta neste mes de febreiro permitiulle levar o agasallo da adega Murillo Viteri que recibirá o vindeiro domingo en Prados Vellos.
Ares, 1 de marzo de 2011
Alto rendemento de todos os numantinos que conseguiron a importantísima vitoria en Cariño, traendo tres puntos que lles permiten seguir soñando nesta liga tan igualada. Entre eles, cinco xogadores chegaron ou superaron o catro, unha media que poucas veces se repetirá nesta temporada. E, unha vez máis, Carlitos sitúase no máis alto demostrando que xa superou a fase de promesa. Estamos vivindo a consagración de dous rapaces, Carlitos e Rubén, que na súa segunda temporada co primeiro equipo xa son pezas importantes no once de Carlos Rodríguez.
CARLITOS 4,4
MANU 4,4
BULE 4
ZETA 4
RUBEN 4
ALEX 3,8
COSTA 3,8
JAUMA 3,8
VICENTE 3,6
CARLOS 3,4
JORGE 3,4
ANTON 3
MARTIN 3
JAVI 2,8
JOSE 2,6
CLASIFICACIÓN DO MES DE FEBREIRO
A igualdade entre os dous primeiros clasificados foi total e calquera deles fixo méritos para levarse o trofeo. Zeta consígueo por primeira vez e demostra que a súa aportación ao Numancia é sumamente valiosa, apropiándose da banda esquerda tanto en defensa como en ataque. Sen dúbida algunha, un dos mellores da categoría.
ZETA 13,85
CARLITOS 13,8
MANU 13,25
COSTA 12,4
VICENTE 11,8
BULE 11
RUBÉN 10,6
JAUME 10,05
JORGE 9,7
PEDRO M 9,4
JOSE 9,3
ALEX 8,5
JAVI 7,35
CARLOS 6,4
MARTÍN 6,2
ANTÓN 6
IVAN 4,35
TETI 2,75
QUIQUE 2,5
PEDRO B 1,75
JUANRA 1,5