TROFEO Á REGULARIDADE

 BODEGAS MURILLO VITERI ENTREGARÁ CADA MES UN PREMIO AO XOGADOR MÁIS REGULAR DO NUMANCIA.

Este mes de novembro os xogadores afeccionados do Numancia serán puntuados en cada xornada a fin de poder designar a aquel xogador máis regular do mes.
Ares, 9 de novembro de 2010
S.D.R. Numancia de Ares. Torneo Regularidad. Bodegas Murillo ViteriA iniciativa de dous grandes numantinos, Manel Pérez e Fran Bardanca, representantes da adega Murillo Viteri (Cenicero, A Rioxa) para a zona de Ferrolterra, cada mes desta temporada o xogador que acade a mellor valoración, sumando os puntos obtidos en cada partido, recibirá un agasallo en forma de produtos pertencentes á adega.
Ademais, a final de temporada, haberá un premio destinado ao xogador “máis regular da temporada”.
Sen dúbida algunha, estamos ante unha excelente iniciativa que contribuirá á mellora do clima do plantel e que, seguramente motivará e incentivará o rendemento dos nosos xogadores. 
Esta web do Numancia publicará semanalmente as puntuacións da xornada e tamén a clasificación do mes. As valoracións das actuacións dos xogadores van recaer en catro persoas: no adestrador e o delegado do equipo, por unha banda; e, para completar estas valoracións, en cada xornada solicitarase a participación de dous afeccionados.
 
Por se queren contactar coa adega Murillo-Viteri, indicamos os teléfonos:
Manel Pérez, 660582539. Fran Bardanca, 651864807
e o correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 
Despois do partido deste domingo no que o Numancia venceu por 4 – 1 ao Rosalía, as puntuacións individuais outorgadas as dezaseis xogadores, déixannos nesta primeira clasificación a Manu, coma o xogador mellor valorado do encontro, seguido e Costa, Pedro e Oli.
1º. Manu, con 4, 2 puntos
2º: Costa, 3,2 
3º: Pedro Machado, 3,2
4º: Oli, 3,2
5º: Bule, 3
6º: Jose, 3
7º: Jauma, 2,7
8º: Óscar, 2,7
9º: Borja, 2,7
10º: Carlos, 2,5
11º: Jorge, 2,5
12º: Javi, 2, 2
13º. Kiko, 2,2
14º: Antón, 2,2
15º: Teti, 2,2
16º: Rubén, 2,2
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.