Inicio Outros Deportes REMO. I BANDEIRA DE BATEIS
 
 

REMO. I BANDEIRA DE BATEIS

SÁBADO, 3 DE ABRIL ÁS 17.00 EN ARES

Aproveitando a celebración da 1ª bandeira de bateis estivemos con Germán Sánchez Vila, presidente do Club de Remo de Ares desde novembro de 2008, quen nos informou das actividades deste club histórico e punteiro no remo.

Germán leva desde os dezaoito anos colaborando co club, cando o local social estaba nunha casa particular ao lado do casino e acudía a xogar á praia cos remeiros aresáns. Naquel intre, o C.R. Ares só tiña un catro e unha yola. Agora leva máis de vinte anos como directivo, primeiro coma vocal e desde o 2008 coma presidente. Lembra aqueles tempos en que non se celebraban liguillas e ían ás regatas que se organizaban nas vilas coincidindo coas súas festas: Mugardos, Ferrol, A Graña, Cedeira, Cariño, Celeiro,...German Sánchez Vila. Presidente do Club de Remo de Ares.

Actualmente, o club ten unha estrutura e unhas instalacións que, a modo de ficha, presentamos tras o informe do propio Germán:

XUNTA DIRECTIVA:
Presidente: Germán Sánchez Vila.
Secretario: Chema ( José Mayobre Seijas).
Tesoureiro: Pibe (José Ramón García Bello).
Vocais: Nillo (Juan Manuel Vidal García), Toni (Antonio Teijeiro Fernández), Juan Carlos Rodríguez Abruñedo (Pelos), Tombo (José Ramón Montero Penedo), Fran (Francisco Rañales Leira), Manolo (Manuel Pena Fernández) e Juan Antonio Maroño González.

CADRO TÉCNICO: Para atender á preparación dos distintos remeiros contan coa dedicación  de Tombo, Pepe e Dani:
Adestradores de infantís- alevíns- cadetes: Tombo (Montero Penedo, José Ramón) e Pepe (José Fernández Domenech). Nestas categorías inferiores que constitúen a escola de remo participan uns 25 cativos, maioritariamente aresáns pero tamén hai sete de Mugardos, dous de Pontedeume, un de Maniños e outro de San Valentín.
Adestrador xuvenís e seniors: Daniel García Vázquez que para esta temporada conta con 24 remeiros para a traíña.

SOCIOS:A masa social que respalda esta sociedade vén sendo duns cento cincuenta socios que aboan unha cota anual de  vinte euros.

ORZAMENTOS: 55.000€ .

APOIO DAS INSTITUCIÓNS.
O presidente do club declara que existe unha boa colaboración das institucións, comezando polo concello aresán cuxa aportación económica permite organizar a bandeira da liga de traíñas. Matiza Germán que “para participar nesta liga hai que presentar un aval de 2.500€ e organizar unha bandeira que ten un custe mínimo de 6.000€, podendo chegar tranquilamente aos 15.000€. Neste 2010 teremos a terceira bandeira de traíñas e agora imos celebrar a primeira bandeira de bateis”

Por outra parte, a Deputación tamén contribuíu na adquisición de embarcacións ou mesmo na compra dunha furgoneta para os desprazamentos.

INSTALACIÓNS: no lugar do Petelo ubícase o local social no que dispoñen dun ximnasio, vestiarios e almacén de botes na planta baixa e a secretaría e sala de trofeos no primeiro andar.
O ximnasio ten uns catorce ergómetros, pesas, banco de abdominais, espaldeiras, banco de lumbares, e outros aparellos.
En canto aos botes, a dotazón está formada por 5 bateis, unha traiñeiriña e dúas traíñas para banco fixo; e sete skifs, catro dobres, un catro skull e unha yola para banco móbil. Ademais, contan cunha zódiac e dúas furgonetas máis un remolque que alcanzan unha valoración duns  200.000 €.
 
ACTIVIDADES. En canto ás actividades que desenvolven durante o ano, divídense nas dúas modalidades de banco móbil e banco fixo:
Na modalidade de banco móbil, xa participaron no campionato galego de remoergómetro que se diputou en xaneiro en Ferrol, cuns resultados óptimos, e tamén participaron no campionato de España celebrado en Castrelo do Miño, na categoría cadete feminino, onde obtiveron un terceiro posto. Paralelamente a este campionato, disputaron a “Copa do Ribeiro”, conseguindo a cuarta posición, por diante de equipos de Irlanda e Portugal.
Outras competicións que quedan por disputar e ás que tamén acudirá o C.R. de Ares, son:
Campionato Galego en Castrelo do Miño, a primeiros de xullo.
Campionato de España en Sevilla, os días 9, 10 e 11 de xullo (categoría de alevíns a cadetes).
Campionato de España de yolas, no mes de outubro, no concello navarro de Lodosa.

Na modalidade de banco fixo, xa están participando na liguilla de bateis da territorial norte, con excelentes resultados, á espera do campionato desta territorial que se celebrará o 10 e 11 de abril en Muros.
Campionato galego: na Póboa do Caramiñal
Campionato dee España en Ferrol

Por último, e un ano máis disputarán a Liga galega de traíñas que ten fixado o seu inicio para o 13 de xuño. Nesta competición parten coa intención de conseguir entrar entre os dez primeiros clasificados.

Non descuidan neste club a captación de nenos e nenas que dean continuidade ao seu proxecto e con tal fin, todos os anos organizan unha ESCOLA DE REMO DE VERÁN que comeza o 19 xullo e onde poden inscribirse cativos desde os 9 anos (que saiban nadar). Os horarios son de mañá.

I BANDEIRA DE BATEIS
Mañá sábado, 3 de abril, desde as 17.00 h. disputarase esta primeira bandeira de bateis, organizada polo C.R. de Ares e na que colaboran o concello de Ares e a Deputación da Coruña. Espérase unha asistencia numerosa dos clubs da territorial norte, nesta regata que servirá de preparación para o campionato territorial norte.
O sistema de puntuación será o seguinte:
Das sete categorías que se celebran, os clubs poderán puntuar en catro delas, obtendo, segundo a clasificación, os seguintes puntos:
1º clasificado: cinco puntos
2º clasificado: catro puntos.
3º clasificado: tres puntos.
4º clasificado: dous puntos.
5º clasificado: un punto.

Para rematar esta primeira reportaxe sobre o club aresán, Germán comenta que lle gustaría observar “unha maior comprensión nas familias sobre a importancia do deporte, deberían concienciarse dos beneficios que aporta a práctica do deporte para a xuventude”. Ao mesmo tempo, entende que “o remo é un deporte moi sacrificado, que esixe unha dedicación diaria dunha hora e media de adestramento, pero tamén xenera valores como a amizade e fortalece fisicamente. Cando o grupo de remeiros funciona créase unha unión grande entre todos eles”.
Preguntado polos obxectivos da entidade, resposta con rotundidade que “a miña satisfacción é que o club funcione deportivamente, que poidamos manter a traíña, e que ademais funcione no aspecto económico e social”. Lembra que Ares é dos clubs máis vellos do banco móbil, xunto co Náutico de Vigo e cita entre os remeiros máis destacados ao olímpico Horacio, participante nas Olimpiadas de Barcelona no 1992.

Desde a web do Numancia só nos queda desexarlle ao C. R. de Ares que poida cumprir cos seus obxectivos e que siga deixando alto o pavillón de Ares aló onde vaia.

Proximamente publicaremos fotografías deste club.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.