CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA
5ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE PARA OS EQUIPOS DE ARES.
A salsa da xornada púidose disfrutar en Chanteiro onde se enfrontaron dous dos equipos locais.
1ª CATEGORÍA.
CC Outeiro 0 - Lar de Picas B 4.
Pequena sorpresa en Chanteiro coa vitoria do Lar de Picas B nunha xornada onde os da vila estiveron bastantes acertados e os locais quizás estean baixando o ritmo.
Na primeira partida o resultado foi de 26 - 38 e na segunda de 32 - 42. O máximo chavista do partido foi Bastida con 31 chaves, seguido de Tino con 28. As outras chaves do Lar de Picas B conseguíronas Javier (11) e Fran (4). Por Outeiro, Chao con 22 chaves foi o seu máximo chavista, seguido por Lucho (18) e Juan (18).
O Lar de Picas ocupa o 5º posto na clasificación xeral con 11 puntos (208 chaves) e tres xornadas desputadas. O CC Outeiro ocupa o 8º posto con 6 puntos (265 chaves) e catro xornadas desputadas.
2ª CATEGORÍA.
As Pintegas 2 - Club de Tenis 2.
Reparto de puntos nesta quinta xornada na que se enfrontaban As Pintegas de Perlío e o Club de Tenis de Redes. A xornada prevista para este sábado tivose que adiantar ao xoves. Motivos laborais impedían a algúns tiradores de As Pintegas celebrala na data prevista.
A primeira partida rematou 35-17 a favor de As Pintegas, e a segunda adxudicárona os de Redes por un axustado 23-25. Pablo (24 chaves), Kuba (11) e Irra (23) foron os chavistas do equipo de Perlío. E Victor (18 chaves), Carlos (11) e Manel (13) foron os compoñentes do Club de Tenis.
O Club de Tenis ocupa o 8º posto na clasificación xeral con 4 puntos (173 chaves) e catro xornadas desputadas.
A Curva do Paz 0 - Kafeta 4.
A vitoria da Kafeta permitelle sair da parte baixa da taboa.
Na primeira partida os de Ares impuxéronse por 23 - 31 e na segunda por 21 - 28. Cho (35 chaves), Fran (27) e maniños (18) foron os chavista da Kafeta. E Pichi (18), Juani (13), Marcos (8) e Álvaro (5) foron os tiradores Da Curva do Pazo.
Para a proxima xornada estes son os emparellamentos:
1ª Categoría.
Lar de Picas B - Bar Xomar.
A.VV. Serantes - CC Outeiro.
2ª Categoría.
Club de Tenis - Emigrante Madalum
Kafeta - Emigrante A.
< Anterior | Seguinte > |
---|