FÚTBOL SALA. ESPAÑA - EXIPTO.

ENTRADAS NA DELEGACIÓN DE FERROL

Este vindeiro venres, 29 de xullo, ás 21.30 h. no pavillón da Gándara de Narón celebrarase o partido de fútbol sala entre as seleccións absolutas de España e Exipto.

 

Ares, 27 de xullo de 2016.

Enorme ocasión de desfrutar en directo da maxia e calidade dos grandes xogadores que estarán este venres en Narón, nun partido de preparación para o campionato de mundo que se disputará en Colombia durante o mes de setembro.

Quen queira adquirir entradas para este amigable pode pasar pola delegación de fútbol de Ferrol entre as 9.00 e as 13.00 h. O prezo das entradas é de 5 € (menores de 12 anos) e 10 €.

A selección española, actual subcampioa do mundo, é unha das máis potentes no fútbol sala mundial, mentres que Exipto, clasificada tamén para o mundial de Colombia, é a actual subcampioa de África.

O seleccionador español Venancio López convocou a estes 14 xogadores:

PORTEIROS: Jesús Herrero (Movistar Inter), Barrón (Palma Futsal) e Fabio (ElPozo Murcia) 

PECHES:José Ruiz (Aqua E Sapone/Italia), Aicardo (FC Barcelona) e Bebe (ElPozo Murcia).

ALAS: Adolfo (FC Barcelona), Pola (Movistar Inter), Rivillos (Movistar Inter), Andresito (ElPozo Murcia) e Sergio Lozano (FC Barcelona).

ALA-PIVOT: Raúl Campos (ElPozo Murcia).

PIVOTS: Alex (ElPozo Murcia) e Quintela (FC Barcelona).

 

 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.