TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 4ª XORNADA
DOBRE VITORIA DE BANKIA
Nesta cuarta xornada do torneo os equipos de Bankia gañaron claramente os seus partidos.
Ares, 19 de xullo de 2012
Categoría alevín:
LOS ESPAÑOLES, 3 – BANKIA, 10
Os rapaces de Los Españoles opuxeron más resistencia do que indica o resultado final, principalmente nos dous primeiros tempos onde os resultados parciais foron de 1 – 2 e 1 – 3. No último tempo foi cando Bankia xogou máis cómodo e conseguiu cinco goles, aínda que o gol de Los Españoles conseguido tras unha espectacular chilena foi dos máis bonitos do torneo.
CATEGORÍA INFANTIL (GRUPO B)
NARANJA MECÁNICA, 5 – BANKIA, 8
Nada máis comezar o partido Bankia anotou dous goles poñendo distancias por medio e o 1 – 4 final do primeiro tempo xa marcou o choque. Co 2 – 4 ao final do segundo tempo parecía que podía chegar unha reacción de Naranja Mecánica mais a incorporación de Aarón supuxo a clara superioridade de Bankia, que con este resultado consegue a primeira posición no grupo.
UNA BANDA, 10 – MANIÑOS, 2
Parciais: (2-1); (5-0); (3-1)
O primeiro tempo foi o máis disputado e comezou adiantándose o Maniños pero axiña igualaron os de Una Banda e acabaron facendo valer o seu maior físico deixando o marcador en 2 – 1.
O segundo tempo foi un monólogo de Una Banda que non deu opción ao Maniños, poñendo no marcador un 7 – 1.
No último tempo seguiu o dominio de Una Banda pero baixou algo a intensidade, mesmo o gol do Maniños foi obra dun remate en propia porta dun defensor do equipo de Una Banda. O resultado final reflicte claramente quen foi o dominador do encontro.
As clasificacións despois de dúas xornadas en cada grupo, quedan así:
CATEGORÍA ALEVÍN | |||||||
X | G | E | P | GF | GC | Ptos. | |
BANKIA | 2 | 1 | 1 | 0 | 14 | 7 | 4 |
XUVENTUDE | 2 | 1 | 1 | 0 | 11 | 5 | 4 |
LOS ESPAÑOLES | 2 | 0 | 0 | 2 | 4 | 17 | 0 |
CATEGORÍA INFANTIL | |||||||
(GRUPO A) | |||||||
X | G | E | P | GF | GC | Ptos. | |
FANTOCHES | 2 | 2 | 0 | 0 | 9 | 3 | 6 |
COCA JUNIORS | 2 | 1 | 0 | 1 | 10 | 10 | 3 |
THE LIONS | 2 | 1 | 0 | 1 | 8 | 9 | 3 |
BLUE SENSE | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 7 | 0 |
(GRUPO B) | |||||||
X | G | E | P | GF | GC | Ptos. | |
BANKIA | 2 | 2 | 0 | 0 | 19 | 8 | 6 |
NARANJA MECÁNICA | 2 | 1 | 0 | 1 | 8 | 10 | 3 |
A BANDA | 2 | 1 | 0 | 1 | 12 | 5 | 3 |
MANIÑOS | 2 | 0 | 0 | 2 | 5 | 21 | 0 |
A quinta xornada do torneo dispútase este venres, 20 de xullo con estes horarios:
18.30 (AL): Los Españoles - Xuventude
19.15 (INF A): The Lions - Fantoches
20.00 (INF A): Coca Juniors - Blue Sense
Última xornada da primeira fase no grupo A de infantís cun partido decisivo entre Lhe Lions e Fantoches.
< Anterior | Seguinte > |
---|