REMO. Comezo da temporada de bateis
O club de remo de Ares comezou a temporada de bateis na casa
Sábado, 28 de febreiro de 2009
Xoán.
Este sábado celebrouse en Ares a primeira regata da temporada e o campo de regatas estivo situado por dentro do espigón, estando a meta á altura da rampa do Alfoli.
Comezou a xornada coa participación en categoría infantil feminina das tripulacións de tres clubs da comarca. O batel da Cabana chegou en primeira posición, seguido polo de Ares e Mugardos. Indicar que o elenco aresá estivo formado por Sheila, María, Cristina, Nicole e Aida.
A continuación, na categoría infantil masculina, os aresáns (Julián, Adrián, Miguel, Iván e Alejandro) alcanzaron a terceira praza, por detrás de A Cabana e Perillo.
Xa en cadete masculino, celebráronse dúas tandas: na primeira, A Cabana logrou unha ventaxa importante sobre Ares -Juan, Fran, Dani Planas, Dani Vázquez e Alejandro (p)-, que na clasificación final alcanzou a segunda posición, por diante de Cabana B, Mugardos e .Perillo.
Seguidamente, os xuvenís de Ares -Sergio, Pedro, Mahía, Carlos e Adrián (p)-, conseguiron entrar entre os dous equipos presentados por A Cabana.
Finalmente, na categoría senior a vitoria foi para o batel de San Felipe, seguido de Cedeira, Narón, Narón B e Mera.
Os tempos logrados por cada batel poden consultarse en www.todoremo.com
Comentar que estas regatas serven de preparación de cara ao campionato territorial norte a celebrar o 11 de abril na Poboa do Caramiñal.
O calendario destas regatas é o seguinte:
7‐marzo: Regata de Liguilla Corcubión
14‐marzo: Trofeo Concello de Narón
19‐marzo: Regata de Liguilla Rianxo
21‐marzo: IV Bandeira Santiago Sur Galicia, Esteiro
28‐marzo: VII Bandeira Concello de Ferrol, A Cabana
4‐abril: III Bandeira Concello de Boiro, Cabo de Cruz
11/12 abril: Cto. Territorial Norte Bateis Puebla
< Anterior |
---|