XVI Travesía a nado da ría de Ares.
O 6 de agosto, ás 17.30 horas, dende a rampa grande
O Concello de Ares, a través da súa área de Deportes, organiza este verán unha nova edición da Travesía a nado da ría de Ares, que este ano chega á súa XVI edición.
O día 6 de agosto, ás 17.30 horas, os participantes na Travesía a nado da ría de Ares iniciarán dita proba dende a rampa grande.
Para participar nesta última actividade deportiva haberá que inscribirse previamente, dirixíndose para iso á Alianza Aresana, ben acudindo persoalmente a esta dependencia municipal no seu horario habitual de apertura, ou ben chamando ao número 981 44 80 57, tamén na mesma franxa horaria. O prazo remata media hora antes do comezo da proba na mesma rampa, donde tamén poderán apuntarse aquelas persoas que non o tiñan feito con anterioridade.
Máis información na web do concello de Ares.
< Anterior | Seguinte > |
---|