FUTBOL PRAIA ARES 2011. 1ª Xornada
Comezou o torneo. Resumo da 1ª Xornada.
Comezou o campionato de Fútbol Praia Ares 2011 con 3 partidos na xornada do martes, dous de alevíns e un de infantís. Moitos goles, emoción excesiva e moito ambiente reinaron na tarde aresana.
As 18:00 disputouse o partido alevín:
VALIENTES, 4 - VERDES, 8.
O equipo dos "Valientes", con moitos benxamíns nas súas filas plantoulle cara ós Verdes. Finalmente a superioridade física dos de Barallobre deulles a súa primeira vitoria.
As 18:45 xogouse o segundo envite alevín:
NORWAYS, 5 - BANKIA, 8.
Neste derbi aresán, comezaron forte os do Norways. Pero o Bankia viuse arriba e foi quen de remontar o partido, gañando finalmente con solvencia. Foi sen dúbida, o mellor partido da tarde do martes, con goles, emoción e tensión deportiva.
Ás 19:30 daba comezo a competición infantil:
PLAYARES, 1 - POLLUELOS, 9.
Superioridade absoluta dos xogadores ferroláns, que venceron con solvencia ó equipo de Ares.
Para a 2ª xornada a disputar o mércores 27 temos ós seguintes partidos:
18:00 VALIENTES – CASA ALONSO (alevíns)
18:45 NORWAYS – PADEL FERROL (alevíns)
19:30 VIDEO ARES – PERLIO (infantís)
Vémonos todos este mércores na Praia de Ares, para superar o ambiente da xornada inicial. Xa sabedes, xogo limpo dentro e fora do campo e ¡¡¡A SEGUIR DESFRUTANDO¡¡¡
< Anterior | Seguinte > |
---|