PARTIDO DE REIS DE VETERANOS

SDR NUMANCIA. VETERANOS. COMENTARIO PARTIDO REIS. XANEIRO 2010PICHÓN: "MOITAS AUSENCIAS"

 

Transcorridos varios días desde o partido de veteranos celebrado o 5 de xaneiro recibimos estes comentarios.

Ares, 12 de xaneiro de 2010
O partido de veteranos do Numancia deste ano tivo moitas ausencias importantes. Opino que un partido destas características necesitaba moita máis xente de fútbol, unha porque atrae  a máis xente e outra pola calidade do propio partido.
En canto ao partido, comentar que careceu de igualdade entre os dous equipos. Nun equipo repleto de ex do Numancia foron acompañados de outros que adestran todo o ano co Numancia e mesmo algún que aínda compite na segunda autonómica (Rula). Polo outro equipo xogaban dous “rapaces” dos anos noventa e outros tres dos anos oitenta. O resto do equipo completouse con xente do club de remo e outros non de fútbol que quixeron participar no evento (moitas grazas a todos eles).
Do partido destacaría  tres xogadas: un auténtico golazo de Mahía; outro de Dani René de falta; e un testarazo de Víctor Couce.
Boa arbitraxe dos catro trencillas: Ramón e Antonio de árbitros e Morrosco e Juan de lineas, aínda que o primeiro fose un pouco caseiro.
Grazas a todos os asistentes como público que sempre están aí.
Logo disfrutouse dunha cea feita polos colaboradores e cheff do Numancia. Ata o ano que vén.

 

PICHÓN
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.