A un paso de semifinais.
A vitoria do Numancia por 0 a 5 en Neda deixa aos aresanos a un paso de clasificarse como mellor segundo e enfrontarse en semifinais de Copa co Narón. Os numantinos dependen de se mesmos e do que poidan facer no seu partido aprazado fronte ó Ánimas.
En encontro correspondente á fase de grupos da Copa Local o Numancia de Ares e o Ortiguiera acabaron empatando a dous nun encontro rifado onde os locais perdoaron na primeira parte e puideron acabar perdendo o partido. Ao descanso chegouse con empate a un tanto. A choiva acompañou nalgunhas fases do partido aínda que sen moita intensidade.
Vitoria axustada que permite seguir con opcións na copa.
O encontro correspondente á Copa Local entre Ánimas e Numancia de Ares finalizou con vitoria visitante por 4 tantos a 5 que permite aos aresanos seguir pensando en clasificarse para semifinais.
O Numancia remontou un gol inicial dos visitantes e acabou vencendo por 5 a 2 en encontro correspondente á Copa Local Infantil. Debutaron con boa nota no equipo local catro alevíns.
No partido correspondente á copa local infantil, disputado na matinal do venres en Prados Vellos, o Numancia conseguiu imporse por 2 a 0 ante o Rápido de Neda. Ao descanso chegouse co resultado de 1 a 0.
Uso de “cookies”
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”.
Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.