INFANTÍS. NUMANCIA, 1 – R. FERROL, 3

Partido intenso o celebrado na mañá do sábado 3 de xaneiro no campo de Prados Vellos entre o Numancia e o R. Ferrol. O encontro estivo marcado polas baixas en ambos equipos, debido ao andazo de gripe que afecta á comarca –ambos equipos presentáronse con tan só doce xogadores- mais iso non desluciu o desenvolvemento do partido.

 NUMANCIA, 1 – R. FERROL, 3

ALINEACIÓN: Pepe, Juan, Darío, Cartelle, Miguel, Javier, David, Xaime, Quique,Andrés –Alejandro,m.55- e Edu.

GOLES:
m. 2: 0 – 1
m. 45: 0 – 2
m. 55: 0 – 3
m. 65: 1 – 3, Edu

Partido intenso o celebrado na mañá do sábado 3 de xaneiro no campo de Prados Vellos entre o Numancia e o R. Ferrol. O encontro estivo marcado polas baixas en ambos equipos, debido ao andazo de gripe que afecta á comarca –ambos equipos presentáronse con tan só doce xogadores- mais iso non desluciu o desenvolvemento do partido.
Corría o m. 2 de xogo cando, nun contraataque, o equipo ferrolán gañou as costas da defensa aresá e bateu por baixo ao porteiro, establecendo o 0 -1. Con este resultado finalizaría a primeira parte na que os dous equipos crearon ocasións para aumentar o marcador.
No minuto 54 da segunda parte, nun córner a favor do Numancia, os ferroláns rexeitan o balón e montan un novo contraataque que volve a sorprender aos aresáns, colocando o 0 - 2 . Despois de varias ocasións de gol falladas polo Numancia, no minuto 55 chega o terceiro gol do Rácing. Xa no minuto 65, Edu, tras varios rechaces, aproveita un balón que quedara morto na área racinguista para lograr o tanto do Numancia.
Antes do remate do encontro, o equipo local aínda gozaría dalgunha outra ocasión de gol.
Con esta derrota, o Numancia perde unha boa ocasión de manterse na parte alta da táboa de cara ao comezo da segunda volta do campionato.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.