INFANTIS. NUMANCIA, 2 – R. DE NEDA, 4.

UN MAL DÍA

Partido correspondente á sexta xornada da 1ª Fase da 1ª Autonómica de Infantís, Grupo A. Disputado no campo de Prados Vellos na tarde do sábado 31 de outubro entre o Numancia de Ares e o Rápido de Neda, diante dunha boa afluencia de público. Ao descanso o resultado era de 1 a 4 favorable aos visitantes, ao final do mesmo, 2 a 4.


FICHA TÉCNICA

ARD NUMANCIA DE ARES: Nacho (Emilio), Chechu (Naim), Telmo, Mario, Martina, Martín, Miguel, Pablo Cartelle, Alberto (Borja), Jaime e David (Oscar).

Corpo técnico: Tony e Paulo.

RÁPIDO DE NEDA: Ángel, Teo (Yago), Cristian, Alejandro, David (Pelayo), Goika (Iván), Ismael (Diego), Javier, Alberto, Imanol e Joel.

Corpo técnico: Rey Abad e Víctor Hermida Muiño

COLEXIADO: Daniel Pérez Ferro. Amosoulle cartón amarelo ao adestrador local, e o xogador visitante Imanol.

GOLES

0 – 1: Ismael (min. 7).

1 – 1: Jaime (min. 16).

1 – 2: Alberto (min. 21).

1 – 3: David (min. 24).

1 – 4: Joel (min. 34).

2 – 4: Migui (min. 43).

COMENTARIO

Un mal día na oficina, así é como se podería definir un partido no que non saíron as cousas como estaban planeadas e no que o Rápido de Neda tivo unha gran profundidade e un gran acerto de cara a portería.
Numancia de Ares.
Comezaba mal o partido xa que o Neda era total dominador e creador das ocasións de perigo, con moitas internadas pola banda esquerda, por onde os seus mellores atacantes atopaban ocos na defensa do Numancia. No minuto 7 o Rápido conseguía o primeiro tanto por medio de Ismael despois dunha xogada por banda. A pesar do mellor arranque visitante, Migui conseguía deixar diante do porteiro a Jaime, quen, logo de roubarlle a carteira á seu par, superaba cunha fermosa vaselina a Ángel. Chegaba a esperanza á parroquia numantina, pero pouco ía durar, porque non era o día dos nosos. No minuto 21 Alberto superaba a Nacho por enriba dende a frontal e no 24, David facía o terceiro logo dun mal despexe da defensa local. Antes do descanso o Neda facía o cuarto á saída dun córner. Ao descanso, axuste de ideas e na segunda metade a imaxe do Numan trocaba sen chegar á versión óptima, pero pelexando e creando ocasións de perigo dabondo para darlle a volta ó partido. No minuto 43, Migui nun disparo lonxano batía ao gardamallas rival e o equipo creía na victoria. Pablo en varias ocasións puido acurtar diferenzas pero o balón non entraba. Naim á saída dunha falta, Mario e Migui, probaban ao porterio de novo, axudados por un Óscar con moita movilidade e boas ideas nestes derradeiros 40 minutos. O resultado non se moveu e o Rápido de Neda levábase outros tres puntos de Ares nun partido contra un equipo da nosa liga. Toca erguerse e pelexar a vindeira semana en Valdoviño contra o Amistade Meirás “B”. Partido que si non hay trocos será o venres 6, ás 17:45 h. Grazas a afección polo apoio incondicional. AUPA NUMAN !!!.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.