INFANTÍS. PRESENTACIÓN 2015 - 16
LUNS, 24 DE AGOSTO, ÁS 18.15 H. EN PRADOS VELLOS
Ao coñecer que a competición non comeza ata o 26 de setembro, a presentación dos infantís do Numancia retrásase ata o luns, 24 de agosto.
Ares, 13 de agosto de 2015
Antonio González e Paulo González, adestradores deste Numancia infantil 2015-16 decidiron prolongar unha semana máis as vacacións dos nenos e agardarán ao luns, 24 para o inicio da pretemporada. Deste xeito, tanto os xogadores infantís coma os alevíns de segundo ano, poderán seguir gozando da praia unha semana máis.