INFANTIS: R. FERROL “B”, 2 – NUMANCIA, 1.
RAÚL MARTINEZ: FIXEMOS UN GRAN PARTIDO A NIVEL COLECTIVO
Partido correspondente a 21ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3º, disputado na mañá do sábado no campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol. O resultado ao descanso era de 1 - 0 favorable ao Racing de Ferrol "B".
Ferrol, 11 de abril de 2015.
FICHA TÉCNICA:
RACING DE FERROL "B": Pablo Barcelo (Iván), Sergio (Ismael), Miguel (C), Gonzalo, Diego, Martín, Juan (Santi), Pablo García (Borja), Mario García (Alonso), Aarón e Mario Couce.
Delegado: Antonio Aneiros Rey.
NUMANCIA: Emilio (Jorge), Borja (Raúl), Dani, Jaime, Fran, Pablo Vascós (C), Mario (Manu), Iván, Cristian, Martín e Adrián (Naím).
Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Jorge Martínez Varela.
COLEXIADO: D. Tomás Lorenzo Castro. Amoestou a Ismael, Santi e Mario no Racing "B". No Numancia amoestou a Borja e Pablo Vascós.
GOLES:
1 - 0 (AARON) Despexe do Numancia que recolle o equipo racinguista para meter un balón sobre Aarón que anota ante a saída de Emilio (minuto 40).
1 - 1 (JAIME) Balón que recolle Jaime en tres cuartos de campo para superar a Iván cun gran disparo que entra pola escuadra dereita racinguista (minuto 43).
2 - 1 (ALONSO) Disparo do equipo local que rechaza Jorge. O rechace chega para Alonso que nunha posición moi dubidosa anota a porta valeira (minuto 76).
A piques estivo de sorprender o Numancia ao Racing de Ferrol "B" o pasado sábado no campo de A Gándara. Emocionante, disputado e bo partido dos aresáns que finalmente os pequenos detalles inclinaron a favor do segundo clasificado. Esta semana, o xogador zurdo de primeiro ano Raúl Martínez analiza este gran partido dos infantís:
COMENTARIÓS DE RAÚL MARTÍNEZ…..
A XOGADA DO PARTIDO: Foi o gol do Numancia onde Jaime cun gran disparo dende media distancia sorprendeu a todos os presentes.
A CLAVE: O segundo gol deles nunha xogada onde o noso equipo na miña opinión adiantou ben a línea defensiva para deixar en fora de xogo a Alonso; foi clave e deulle a vitoria a un Racing que deixamos escapar vivo e finalmente derrotounos nos últimos minutos cunha acción polémica e ao noso humilde xuizo, tamén ilegal.
ACTUACIÓN PERSOAL: Creo que estiven ben neste partido aínda que como non pode ser doutra maneira teño que seguir mellorando, especialmente no xogo aéreo.
O EQUIPO: Fixemos un bo partido a nivel colectivo e na primeira metade afogamos ao Racing con presión e axudas entre todos. Na segunda metade defendimos bastante ben e levamos perigo nas xogadas de contraataque.
O RIVAL: Destacaría o potencial ofensivo do Racing, con xogadores técnicos e habilidosos que poden facer moito perigo e que aproveitan moi ben o mínimo despiste do equipo rival.
Este mércores 15 as 18:00 o Numancia recibe na 22ª xornada de Liga ao líder da competición que xa está clasificado para xogar a fase de ascenso a Liga Galega, o Eume Deportivo. ¡¡¡Non faltedes a esta xornada entre semana. Posteriormente o venres 17 as 17:45 o Numancia infantil xogará en O Poboado (As Pontes) ante o equipo anfitrión.
Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.