INFANTIS (Pretemporada): R. DE NEDA, 4 – NUMANCIA, 1.

BOA PRIMEIRA SEMANA DE TRABALLO

Partido amigable disputado na mañá do sábado no campo Municipal Juan González de Neda.

 



Neda, 23 de agosto de 2014

Numancia: Jorge (Rubén), (Fran), Cristian, Jaime, Borja, Josema (Raúl), Pablo (C), Dani, Mario (Manu), Migui (Pablo Cartelle), Martín e Iván.

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

Colexiado: Roberto Domínguez Janeiro. Sen incidencias.

Gran traballo dos comprometidos rapaces infantís do Numancia na primeira semana de pretemporada. Tres sesións de adestramentos de dúas horas de duración o luns, martes e xoves. O venres partido de adestramento ante os cadetes do Numancia e o sábado partido amigable ante o Rápido de Neda a domicilio.Partido infantil R. de Neda - Numancia (Neda 23/08/2014)

No partido de Neda os numantinos acudiron con algunhas baixas, tres porteiros e dous xogadores do equipo alevín. Na primeira metade o Neda anotaba dous goles casi consecutivos rompendo a igualdade do primeiro tramo do partido. Antes do descanso unha bonita triangulación entre Dani, Martín e Iván acababa con gol deste último para subir o 2 - 1 ao marcador.

Na segunda metade os rapaces numantinos foron acusando co paso dos minutos o cansancio do traballo realizado durante a semana. Desaproveitaron algunhas ocasións e iso ante un bo equipo como o Neda págase caro. No último tramo de partido anotaron dous goles mais para pechar o marcador.

En definitiva, primeira e positiva semana de rodaxe dos infantís onde a gran asistencia dos nenos aos adestramentos foi a mellor noticia de todas.

Na segunda semana de pretemporada o equipo infantil do Numancia adestrará luns , martes e xoves de 18:00 a 20:00 e xogará o venres 29 de agosto as 17:15 antes dos cadetes en Prados Vellos ante o G. Mugardos nunha nova edición do Trofeo Villa de Ares. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.