INFANTIS. NUMANCIA, 0 - MIÑO, 2.

LOITA SOBRE A CHOIVA

Partido correspondiente a 11ª xornada da Liga Infantil grupo 4º, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos.

 

 

 

Ares, 1 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Fran Romaus, Jaime (Javi), Fran Anido, Raúl, Cristian, Pablo (Josema), Dani (C), Saúl, Carlos, Martín (Adrián) e Alex Feal.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

AD MIÑO: Tino (David Infante), Hugo, Diego Salazar, Martín (C), David, Raúl, Diego González, Manu ( Isma), Adrián (Sergio), Samu (Jose) e Pedro.

Adestrador: Pablo Bernardo Castiñeira.

Delegado: José Díaz Taboada.

COLEXIADO: D. Miguel A. Piñón López. Amoestou a Pablo no Numancia.

GOLES:

0 - 1 (DIEGO SALAZAR) Indecisión defensiva do Numancia que aproveita Diego Salazar para facerse co balón e batir a Fran Romaus cun forte disparo (minuto 60).

0 - 2 (DIEGO SALAZAR) Disparo dende media distancia de Fran Salazar para anotar o segundo (minuto 78).

CRÓNICA:

Numancia e Miño xogaron un partido no que os dous equipos buscaron a vitoria para abandonar as últimas posicións da clasificación. Un partido condicionado pola choiva que caeu durante todo o encontro, deixando o terreo de Prados Vellos moi encharcado.Equipo infantil do Numancia de Ares, Temporada 2013-14

Na primeira metade o Numancia foi mellor nos primeiros 20 minutos, contando con varias ocasións que non tiveron premio debido o desacerto na definición e tamén a boa actuación do porteiro visitante. Co paso do tempo o Miño foi entrando no partido e tivo tamén as suas ocasións para poñerse por diante. Antes do descanso o dianterio aresán Alex Feal quedaba solo diante do porteiro pero enviaba fora o seu disparo. Sen goles aínda que con ocasións para ambos equipos chegabamos ó descanso.

Na segunto tempo, houbo igualdade ata o minuto 60. Nese fatídico minuto unha indecisión entre Javi e Carlos era aproveitada polo visitante Fran Salazar para facerse co balón e colocar o 0 – 1 de forte disparo. Ese gol sentou como un xarro de auga fría para o Numancia; que non foi capaz de reaccionar e buscar o empate. No minuto 78 de novo Fran Salazar establecía o 0 – 2 co que se chegaba o final do partido.

En definitiva, bo partido do Numancia ata o minuto 60. Vimos boas accións de ataque, intensidade, entrega e moito sacrificio ante un equipo moi físico e con xogadores moi veloces. Foi unha mágoa a falta de acerto na definición ou os despistes defensivos. Erros puntuais propios dunha fase de aprendizaxe... tamén os vemos no fútbol profesional. Toca animar, formar e coidar o que temos... deixando a competición nun segundo plano.

A vindeira semana, o Numancia xogará un bonito partido en Prados Vellos ante o Eume Deportivo. Partido no que xa non estará o noso adestrador Toni que viaxa a Noruega durante un mes por motivos laborais. ¡¡¡Boa viaxe¡¡¡ Os demais non tedes excusa ningunha, todos co Numancia de infantís o próximo sábado en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.