INFANTIS. EUME, 4 - NUMANCIA, 2.
ENTREGA, SACRIFICIO E PARTIDAZO
Partido correspondente a 1ª xornada da Liga Infantil G4 disputado na tarde do venres no campo de A Gándara de Pontedeume ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Pontedeume 6 de decembro do 2013
FICHA TÉCNICA:
EUME: Alejandro, Fran (Hugo), Miguel, Pablo (Francisco), Adrián, Pablo (Moares) Vázquez, Raúl (Juan), Iago Leira (C), Ángel, Iago Martínez, Iago Rodríguez.
Adestrador: Juan J. Fuentes Tenreiro.
2º Adestrador: Ignacio Freire Bujía.
Delegado: Jesús A. Leira Pena.
NUMANCIA: Fran Romaus (Álvaro), Javi, Fran Anido (C), Raúl, Antonio, Dani, Pablo (Adrián), Saúl, Iván (Josema), Martín (Diego) e Alex Feal.
Adestrador: Antonio González Varela.
2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Luís Feal Campos.
COLEXIADO: D. Marcos Padín Pita. Expulsou a Fran Anido por parte do Numancia.
GOLES:
1 - 0 (IAGO RODRÍGUEZ) Balón por alto que sobrepasa á defensa numantina. Iago Rodríguez queda solo ante Fran Romaus e anota o primeiro gol eumés (minuto 19).
2 - 0 (ÁNGEL) Ángel entra polo medio da defensa numantina e marca ante Fran Romaus (minuto 33).
2 - 1 (RAÚL) Falta lateral botada de forma maxistral por Saúl e bo remate de cabeza de Raúl dende o punto de penalti (minuto 53).
3 - 1 (ADRIÁN) Internada por banda esquerda do Eume. O centro e recollido por Adrián que bate a Álvaro co seu disparo axustado (minuto 67).
3 - 2 (ALEX FEAL) Balón dividido na área eumesa que é recollido por Alex Feal para fusilar o porteiro local (minuto 71).
4 - 2 (JUAN) Balón solto na área do Numancia aproveitado por Juan para pechar o partido.
CRÓNICA:
Debutaba o Numancia na Liga que xunta aos 12 mellores clasificados da Fase Previa copeira. Sabedores os xogadores e adestradores numantinos de que semana a semana terán enfronte os mellores xogadores da comarca; mentalizáronse a fondo para esixirse ó máximo dende o comezo ata o final. Hoxe deron fe da sua ilusión por facer un bo papel nesta Liga no campo de A Gándara de Pontedeume.
Os primeiros 20 minutos do partido foron do Numancia. Os aresáns maniataron ó Eume. Cunha forte presión na línea medular foron capaces de roubar varios balones e ter tres ocasións claras diante da portería do gran protagonista do encontro; o porteiro local Alex. No minuto 19 chegaba o gol do Eume na primeira ocasión da que dispoñían os locais. Pouco a pouco o partido foi nivelándose e os 10 últimos minutos da primeira metade foron fatídicos para o Numancia. No minuto 33 chegaba o 2 - 0 para o Eume. Xusto antes de retirarse a vestuarios chegaba unha das xogadas claves do encontro. O capitán e central do Numancia, Fran Anido era expulsado de forma xusta e por reaccionar de forma desproporcionada e inoportuna ante unha entrada dun adversario. Un erro infantil (como a mesma categoría) que deixaría o Numancia con 10 xogadores para toda a segunda metade. (De todo se aprende).
No segundo tempo, arriscou o Numancia soamente con 3 defensas. Saíron decididos os nenos e no minuto 53 chegaba o premio a insistencia co 2 - 1 anotado por Raúl. Dominaba o Numancia que se atopaba unha e outra vez co porteiro local. Contraatacaba o Eume e anotaba o 3 - 1 no minuto 67. Non se rendían os numantinos e tras varias ocasións claras chegaba por fin o gol de Alex Feal para establecer o 3 - 2 a 10 minutos do final. Cun Numancia volcado e desesperándose co porteiro local (gran protagonista do encontro) chegabamos o final do partido; non sin antes conseguir Juan o definitivo 4 - 2 para ó Eume.
En definitiva, un sobresaliente para todos os xogadores do Numancia desprazados hoxe a Pontedeume e por extensión os 19 xogadores do plantes. 19 xogadores, moitos deles de primeiro ano que terán que loitar cos 11 mellores equipos da comarca; moitos deles de segundo ano ou seleccións como son os casos de Narón, Portuarios, Racing "B" e Galicia de Caranza "B". ¿Medo? - Ningún. ¿Respeto? Moito ¿Descaro e iliusión? - Tod@. Non hai nada que perder. Xogar esta Liga debe ser un premio para xogadores, adestradores e afeccionados do equipo. Disfrutar e aprender en cada partido, esquecéndose do resultado e competindo cos mellores. Non sabemos si e así como mais se aprende; o que si sabemos e que correndo, sudando, pelexando e sacrifícandose como hoxe fixeron os xogadores do Numancia de Ares infantís saíremos contentos, orgullosos e aplaudidos de moitos campos da comarca.
¡¡¡Este é o camiño rapaces¡¡¡
O vindeiro sábado ás 11:00 recibimos en Prados Vellos a un SD O Val que ven de vencer por 7 - 1 ao Galicia de Caranza "B". ¿Medo? Estos nenos súbense as barbas de calqueira. ¡¡¡A por todas chavales¡¡¡
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡