INFANTÍS. EUME, 2 - NUMANCIA, 1.

PARTIDAZO NA 2ª METADE DO NUMANCIA

Partido correspondente á vixésima segunda e última xornada de liga que finalizou coa vitoria dos eumeses. Ao descanso chegouse coa vitoria local, 2 - 0.


A Gándara (Pontedeume), 10 de maio de 2013

ALIÑACIONS:

EUME: Martín (Daniel), Borja (C), Raúl, Jorge Freijomil, Iván, Miguel (Andrés), Álvaro (Jorge Leira), Paulino, Angel, Jose (M.Enrique) e Adrián.

Adestrador: Sergio Alberto Portela Moran
Delegado: Jesús Andrés Leira Pena

NUMANCIA: Fernando, Alexis, Javi, Marcos (Fran), Piñeiro, Adri, Enol (Raúl ), Anido, Alex (Diego), Luís e Pablo (C).

Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez


COLEXIADO: Francisco López Gómez. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: Paulino (min. 2) – Gran disparo pegado ao pau do xogador local dende 30 mtr que sorprende a Fernando.

2 – 0: Adrián (min. 9) – Fallo defensivo dos aresáns e o xogador local moi atento, toca xusto o balón e marca gol, ante a saída de Fernando.

2 – 1: Luís (min. 75) – Contragolpe visitante que culmina Luís cun gran disparo dende 25 mtr que bate ao porteiro local por enriba.

COMENTARIO:

Primeira metade donde os aresáns saíron durmidos e no primeiro tiro á portería, os eumeses marcaron o primeiro gol, cun gran disparo de Paulino. Pablo no minuto 4, tivo unha clara ocasión de gol pero o seu floxo disparo, o parou o porteiro local. Nun fallo defensivo, os locais non desperdiciaron o regalo, e marcaron un segundo gol, que ao final sentenciou o partido. A partir do minuto 15, os aresáns tiveron un pouco máis o control do partido, presionando mellor ó rival por todo o campo, e pouco a pouco empezaron a chegar as ocasións de gol. No minuto 25, centro de Pablo por banda esquerda dende liña de fondo e nin Diego nin Anido chegaron ó balón. Magoa destas ocasións desaproveitadas, chegándose ao descanso cun 2 - 0 a favor do Eume.

Na segunda parte, os aresáns saíron en tromba e dende o comezo empezaron a ter ocasións de gol. No minuto 50, nun mal despexe do porteiro local, Anido dispuxo dunha clara ocasión, pero o seu disparo foise fora. Nun córner, no minuto 62, nin Adri nin Raúl, puideron rematar de cabeza. O Eume intentaba defenderse pero estaban desbordados ante o xogo directo dos aresáns. Eles en ataque non creaban perigo na portería do Numancia. No minuto 75, Luís cun gran disparo daba esperanzas á remontada visitante. No minuto 77, falta lanzada por Luís, rexeite do porteiro e Pablo non chega por uns centímetros. Outra falta lanzada por Luís, no minuto 79, non chega a rematar, libre de marca, Fran. Chegándose ao remate do partido, cos eumeses pedindo a hora.

En resumo, resultado inxusto a tenor do visto no partido, cunha metade para cada equipo. Hoxe sen dúbida vimos unha moi boa segunda metade do Numancia, donde os rapaces loitaron moitísimo e nunca deron un balón por perdido. Pero non puido ser, a pesar das numerosas e claras oportunidades que tivemos durante todo o partido.

Os aresáns acaban a liga cun total de 14 puntos, repartidos con catro vitorias, dous empates e dezaseis derrotas. Creo que os rapaces fixeron unha gran temporada tanto na copa coma na liga.

Agora a seguinte fin de semana, xogamos a copa A.F.A.C.O en Pontedeume, un triangular entre o Eume, Galicia de Mugardos e Numancia, no que o gañador xogara as semifinais da citada copa.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.