INFANTÍS. AS PONTES, 4 - NUMANCIA, 0.
CLARA SUPERIORIDADE LOCAL.
Partido correspondente á décima terceira xornada de liga que finalizou coa vitoria local. Ao descanso xa gañaba As Pontes cun claro 3-0.
O Poboado, 9 de marzo de 2013
ALIÑACIONS:
AS PONTES: Malena, Manuel Fdez (Martín), David, Antón (Sergio Cazas), Esteban, Adrián, Andrés (C), Alberte (Diego), Alejandro Martínez (Manuel Romero), Sergio Otero e José (Alejandro Barro).
Adestrador: Iván Rodríguez.
Delegado: Jesús Fernández.
NUMANCIA: Fernando, Alexis (Antonio), Raúl, Piñeiro (Gabri), Fran Martínez (Javi), Adrián Aneiros, Luis, Enol (Marcos), Pablo Ferro (C), Fran Anido e Alex (Adrián Garcia).
Adestrador: Enrique Javier Yanel.
Delegado: Javier Aneiros.
COLEXIADO: Juan Orozco Corredoira. Sen incindencias.
GOLES:
1 – 0: Sergio Otero (min. 29) – Centro á área, despexe de Adrián Aneiros e gran disparo do xogador local dende a frontal.
2 – 0: Jose (min. 34) – Contragolpe local , centro de Andrés por banda dereita e disparo raso de Jose que marca sen ningunha oposición.
3 – 0: Alejandro Martínez (min. 38) – Contragolpe local , centro de Andrés por banda dereita e despiste da defensa aresana, donde remata Alejandro, no primer pao.
4 – 0: Alejandro Martínez (min. 79) – Boa combinación do equipo local é Alejandro, libre de marca bate a Fernando.
COMENTARIO:
Partido sen moita historia donde na primeira metade o equipo local foi o claro dominador do encontro. O Numancia saíu con moitas precaucións defensivas, defendíase con moito orde e non pasaba por moitos apuros. Fruto dese dominio, os locais dispararon ao pao no minuto 11. Os aresáns lograron aguantar ata o minuto 29, no que As Pontes, nunha xogada con certa sorte, marcaron o seu primeiro gol. Logo en dous claros contragolpes marcaron outros dous goles máis. Antes do descanso, os de Ares tiveron unha clara ocasión de gol, pero non se aproveitou e ao remate desta primeira metade perdían por un claro 3-0.
Na segunda parte, o Numancia saíu con outra cara e o dominio do xogo foi mais alterno. Os aresáns empezaron a chegar con certo perigo á área local pero hoxe os nosos dianteiros non tiñan o seu día. As Pontes saia en claros contragolpes, pero tanto a nosa defensa como Fernando, estiveron moi acertados ata que no último minuto do partido marcaron un cuarto e definitivo gol.
En resumen, derrota fronte un equipo moi superior ao noso que claramente será un dos favoritos para conseguir unha das dúas primeiras plazas que dan dereito a xogar na fase de ascenso á liga galega.