INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - G. CARANZA "B", 4.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2012-2013. Numancia 1 - G. Caranza 4. Prados Vellos 24/11/12.UN TEMPO PARA CADA EQUIPO.

Partido correspondente á undécima e última xornada da copa que finalizou coa vitoria do Galicia de Caranza por 1 – 4. Ao descanso ó marcador reflexaba unha vitoria do Numancia por 1 – 0. Remata a copa para o equipo infantil acadando o obxectivo de quedar entre os seis primeiros do Grupo 1 e así xogar no grupo de 12 equipos que disputaran o título.

Prados Vellos, 24 de novembro de 2012

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Aléxis (Marcos min. 40), Raul (Javi min. 61), Antonio (Adrián Garcia min. 51), Adrián Aneiros, Gabri (Alex min. 40), Enol (Diego min. 51), Dani, Piñeiro, Luis e Pablo.

GALICIA DE CARANZA “B”: Angel, Iago (Julián min. 46), Eric, Carlos González, Bruno (Javier López min. 40), Javier, Carlos Díaz, Eduardo, Gabriel, Iván e Iker (Aarón min. 46).

COLEXIADO: Francisco López Gómez. Sin incidencias.

GOLES:

1 – 0: Piñeiro (min. 15) – Balón roubado en banda dereita por Enol que pasa a Piñeiro quen dende o borde da área bate ao porteiro visitante.

1 – 1: Eduardo (min. 50) – Contragolpe por banda esquerda e pase ao centro da área donde ó xogador visitante libre de marca bate a Fernando.

1 – 2: Fernando (min. 65) – Tiro lonxano dun xogador do Galicia que para Fernando pero con tan mala sorte que co seu corpo mete o balón na propia porta.

1 – 3: Eduardo (min. 74) – Tiro dun xogador visitante que Fernando vai a recoller pero adiantouse Eduardo que marca a pracer sin ningunha oposición.

1 – 4: Aaron (min. 78) - Contragolpe do equipo visitante e pase ao centro da área donde Aarón bate por abaixo a Fernando.

Numancia de Ares ADR. Infantis.Numancia de Ares ADR. Infantis.

 

 

 

 

 


COMENTARIO:

Partido que comezou con dominio alterno do xogo, e onde o Numancia presionaba moi ben ao equipo visitante. Fruto desa presión chegou o primeiro gol do Numancia no minuto 15. A partir de ahí o Galicia comezou a dominar un pouco máis, cunha maior posesión do balón, pero ainda asi, os de Ares defendíanse con moito orde e o Galicia non conseguia chegar con perigro á porteira local. Chegouse o descanso coa merecida vitoria do equipo local por 1 – 0.

Na segunda parte, o Numancia saiu con outra cara e perdeu totalmente o control do partido. O Galicia, tocaba e tocaba ó balón, e así comezaron a caer un gol trás outro. O Numancia fixo unha segunda metade gris, intentado defenderse do equipo rival e con moi poucas chegadas a área visitante.

Numancia de Ares ADR. Infantis.

En resumo, nos temos que quedar cunha moi boa primeira parte do Numancia ante un bo equipo, o Galicia de Caranza “B”.

A pesar da derrota, cumpreuse co obxectivo inicial deste torneo de copa, de clasificarnos entre os seis primeiros do grupo. Por iso, temos que felicitar aos xogadores e adestradores por facer tan bo torneo de copa.

Agora comezará ó campeonato de liga, onde estarán os mellores 12 equipos que disputaron a copa e onde o nível de competición e esixencia será moito maior que o que tivemos ata o de agora.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.