INFANTÍS. ÁNIMAS, 1 - NUMANCIA, 9

SEN COMPLICACIÓNS
O seis a cero ao final dos primeiros corenta minutos reflectiu a diferenza entre os dous equipos.


Ares, 15 de abril de  2012
Partido correspondente á vixésimo primeira xornada de liga do grupo V da liga infantil ferrolá, disputado o venres pola tarde nas instalacións de Caranza.
Estas foron as aliñacións presentadas polos dous equipos:
ÁNIMAS: Borja; Walter, Bruno, Mario, Miguel, Alejandro, Yago, Álvaro, Cristofer, Diego e Jhonatan. No transcurso da segunda parte foron entrando: Romero e Manuel.
Adestrador: Andrés García.
Delegado: Emilio Bustabad.

NUMANCIA: Antonio; Raúl, Nico, Óscar, Fran Martínez; Emi, Miguel, Fran Fernández, Pablo; Antón e Sergio. Na segunda parte entraron Alexis, Luís, Rañales e David.
Adestrador: Antonio González.
Delegado: Javier Aneiros.

ÁRBITRO: José M. Santos Mato.

GOLES:  Fran, Antón (3), Sergio, Rañales, Pablo, Emi e Miguel para o Numancia. O gol do Ánimas conseguiuno Álvaro.

COMENTARIO: O espléndido gol de Fran aos dez minutos abriu unha vitoria ampla que nos deixou anacos de bo xogo e boas combinacións. A boa colocación dos xogadores numantinos resultou suficiente para sacar adiante un partido pouco complicado e permitiu observar a progresión dos rapaces.
O próximo partido disputarase o venres, 20 de abril, ás 18.00 h. en Prados Vellos e o rival será o líder da categoría, o Portuarios ferrolán, un equipo que espera chegar ao último partido de liga coa vantaxe suficiente para consolidar a primeira posición no seu enfrontamento co R. Ferrol.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.