INFANTÍS. NUMANCIA, 0 - PERLÍO, 5

DERROTA ANTE UN BO PERLÍO

Os feneses dominaron completamente un partido que no descanso xa marcaba un 0 – 3.

Ares, 26 de novembro de 2011

Partido correspondente á cuarta xornada de liga disputado en Prados Vellos, con estas aliñacións:

NUMANCIA: Fernando (Antonio, m. 58), Raúl (Luís, m. 41), Óscar, Pablo, Fran M; David (Ían, m. 58), Alexis, Miguel (Rañales, m. 41), Antón, Fran F. e Piñeiro.

PERLÍO: Mateo, Daniel (Brais, m. 54), Pablo, Diego, Marcos, Javi, Daniel F. (Rui, m.58), Alejandro (Jesús, m. 68), Bruno (Rey, m. 41), Aaron e Marcos Varela (Sergio, m. 65).

ÁRBITRO: Telmo Pérez Vázquez

GOLES: Alejandro (2), Marcos Varela, Rui e Brais

COMENTARIO: Segunda derrota consecutiva ante dous rivais que xa se presupoñía ían ser complicados. Se hai sete días era o R. Ferrol o que nos derrotaba claramente, hoxe o Perlío tamén amosou a súa superioridade, controlando o partido desde o pitido inicial. Os goles visitantes foron subindo ao marcador de xeito que ao descanso o marcador indicaba un 0 – 3, resultado xusto, aínda que tamén o Numancia puido marcar un tanto nunha das poucas chegadas á área visitante. Xusto é recoñecer que o Perlío tamén puido ampliar a súa conta de non ser polas boas intervencións de Fernando e a boa actuación dos defensas locais.

Na segunda parte non houbo variación e o Perlío continuou levando o control do partido.

A vindeira semana toca descanso, circunstancia que debe aproveitar o equipo para intentar recuperar a súa anterior liña de xogo e actitude.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.