INFANTÍS. NUMANCIA, 3 - R. SAN PEDRO, 2
VITORIA XUSTA, POR OCASIÓNS
Costou máis do esperado gañar este partido
Ares, 12 de novembro de 2011
Partido correspondente á segunda xornada de liga disputado en Prados Vellos, con estas alineacións:
NUMANCIA: Adrián; Raúl, Óscar, Nico, Pablo; Piñeiro; Emi, Fran F, Luís; Antón e Ían. Foron entrando no campo ao longo do partido: Antonio, Seijas, David, Alexis e Lemos
R. SAN PEDRO: Manuel; Sergio, Javier, Adrián, Cristian, Borja, Jesús, Andrés, Aarón, Juan e Abrau. Entraron máis tarde: Carlos, Jassine e Enrique.
ÁRBITRO: Rodrigo Fernández Pita.
GOLES:
0 - 1 (m.16): Indecisión na defensa aresá que aproveita Juan para, diante de Adrián, enviar ao fondo das redes.
1 - 1 (m: 35) Ao saque de córner, Fran cede a Piñeiro que lanza un centro chut que supera por alto ao porteiro visitante.
2 – 1 (m. 60): Internada de Antón que, cando todos esperaban un centro atrás, decide tirar a portería e sorprende ao porteiro polo poste que tiña que cubrir.
3 – 1 (m.70): Emilio, en xogada persoal, no borde da área, dispara raso e colocado a un poste.
3 – 2 (m. 75): Penalti a favor do San Pedro. Lanza Juan forte e colocado.
COMENTARIO: Partido estraño, cunha primeira parte moi frouxa, con máis dominio do Numancia e tamén con algunha ocasión de gol desaproveitada, pero en xeral, moi pouco xogo. Produciuse certa progresión na segunda parte, con máis control e tamén máis ocasións dos locais que se adiantaron cun tres a un que parecía resolver o partido, aínda que nos últimos minutos se complicou, poñéndolle un pouco de suspense ao resultado. En definitiva, pouco xogo, ocasións desproveitadas e tres puntos.