INFANTÍS: E.F.R. FERROL, 1 - NUMANCIA, 0.

A Edu-dependencia sentenciou ao Numancia.

Sábado, 28 de febreiro de 2009.

Ramón.


CATEGORIA de INFANTÍS

E.F.R. FERROL, 1 - NUMANCIA, 0.


ALINEACIÓNS:

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. E.F. Racing de Ferrol - Numancia de Ares. A Gándara.NUMANCIA: Pepe, Roque, Miguelito, Adrián, Juan (Dario, m. 50), Miguel Piñeiro, Xaime (Alejandro, min 69), Javier, Ricardo (Andrés, min. 65), Quique, David (Juan Carlos, m. 59).

E.F.R FERROL: Daniel Alonso, Julián, Daniel Álvarez, Eduardo (Francisco, min. 60), David Pereda, Jahlil, Miguel, Carlos (David Díaz, min. 71), Daniel Cillero, Borja (Adrián, min. 65), Marcos (Eugenio, min. 52).

ARBITRO: Elena García Puente.


GOLES:

1 - 0 (m. 39): Contraataque dos ferroláns pola banda dereita, intérnanse na área, a defensa numantina non é capaz de conter aos dianteiros e Carlos remata o esférico ao fondo das mallas.


COMENTARIO:

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. E.F. Racing de Ferrol - Numancia de Ares. A Gándara.Despois de tres xornadas consecutivas obtendo vitorias, o Numancia volve encaixar unha nova derrota, esta vez pola mínima, ante o E.F.R Ferrol, décimosegundo clasificado da liga. No partido de ida en Prados Vellos os ferroláns encaixaran un tanteo de 5 -0.

O encontro comezou con moita intensidade por ambas as dúas escuadras, creándose varias ocasións de gol por parte de ambos os dous equipos. A medida que foi avanzando o encontro o equipo ferrolán atopabase máis cómodo no campo, pola contra, o xogo do Numancia foise diluíndo, e ante a falta dunha referencia en ataque, víanse incapaces de enlazar o seu mediocampo coa dianteira. Para rematar unha primeira metade cun equipo anímicamente abatido e desmotivado, ao que termiñou de rematalo o gol encaixado a un minuto do descanso.

Na segunda metade o Numancia melloraría algo no mediocampo e xa non permitiu aos locais xogar con comodidade. Pero ao mesmo tempo tampouco creaban ocasións de perigo. Só nun par de xogadas a balón parado conseguiron intimidar a meta ferrolana. Pola contra os ferroláns aproveitando o xogo polas bandas conseguían chegar con bastante facilidade á área numantina, pero os seus dianteiros tampouco estiveron moi acertados de cara ao gol.

Ao final os ferroláns levaron os tres puntos nunha vitoria xusta e merecida, pois estiveron en todo momento máis metidos no encontro e sempre quixeron máis que os visitantes. Só a falta de acerto dos seus dianteiros e algunhas intervencións providenciais do gardameta aresán impediron que o resultado fose máis avultado.

O Numancia que non fixo nin moito menos un mal partido, viuse condicionado en todo momento pola falta do seu xogador máis revulsivo, ao que dende aquí lle enviamos un forte abrazo e desexámoslle unha pronta recuperación.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.