INFANTÍS. NUMANCIA, 6 - E.F. R. FERROL, 2

OUTRO PASO MÁIS
Coa vantaxe obtida na ida, este segundo partido serviu para darlle minutos ao plantel.

Ares, 22 de maio de 2011
Partido de volta da eliminatoria de cuartos de final da copa de Ferrol, disputado no campo de Prados Vellos o venres, 20 de maio, pola tarde. Lembremos que na ida o resultado fora de 0 – 10 favorable aos aresáns.

NUMANCIA: Roberto (Antonio, m. 41); Raúl, Martín (Sergio, m. 41), Nico, José Manuel; Andrés, Alberto, Miguelín (Miguel, m. 41), Carlos (Marcelo, m. 41); Iván e Brais (Ángel, m. 41).

 

EFR FERROL: Francisco (Javier, m. 41); Iván, Leira, Mateo, Lucas, Alejandro (Manuel, m. 48), Miguel (Cristian, m. 50), Gonzalo, Óscar, Moi e Hugo (Avendaño, m. 41).

ÁRBITRO: Eduardo Pereira Dobarro

GOLES:
1 - 0 (m.7): Remate cruzado e raso de Andrés.
2 - 0 (m. 24): Forte disparo desde fóra da área de Martín que non pode atrapar o porteiro visitante.
2 -1 (m. 27): Libre indirecto contra o Numancia por cesión ao porteiro que saca rapidamente o Rácing e Óscar, tras regatear a dous defensas, consegue acurtar distancias.
3 - 1 (m. 35): Balón que intercepta Alberto, entra na área e diante do porteiro envía ao fondo das redes.
3 - 2 (m. 52): Excelente control de Moi dentro da área e remate que supera por alto a Antonio.
4 - 2 (m. 53): Carreira de Ángel, superando en velocidade á defensa ferrolá e disparo raso diante do porteiro.
5 - 2 (m. 55): Tras lanzamento de córner, Ángel recolle un rexeite e dispara a gol.
6 - 2  (m. 72): Xogada individual de Ángel desbordando a toda defensa visitante.

COMENTARIO: A remontada era unha empresa imposible para o xove equipo ferrolá pero aínda así ofreceron unha boa imaxe, pelexando polo partido ata que tiveron forzas, e intentando mover o balón buscando apoios ou realizando combinacións durante a primeira parte. Co paso dos minutos, a maior pegada dos aresáns desequilibrou o marcador.
Con esta clasificación para as semifinais, os numantinos van cumprindo cos pronósticos. Veremos cal é a súa actitude contra o R. San Pedro, o próximo rival.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.