Infantís. Numancia 8, E.F.Racing, 3
Unha vez máis, máis goles que xogo.
O último partido da primeira volta pechouse con vitoria local por 8 a 3, pero sen chegar a convencer unha vez máis no xogo. Ao final do primeiro tempo chegouse con empate a dous tantos.
Prados Vellos, 11/12/2010
Aliñación: Roberto; Emilio (Miguelín 64'), Alberto, Óscar, Marcelo; Miguel (Sergio Rodríguez 52'), Carlos, Andrés Novoa (Rolo 40'), Martín; Iván e Sergio Rico (Fran Rañales 55').
Goles: Martín (3), Iván(3), Carlos, Andrés Novoa.
O partido comezou con bo xogo local que ao minuto 2 xa anotaba o primeiro tanto nunha combinación por banda esquerda entre Carlos e Iván con pase ao primeiro que bate á meta visitante na súa saída. (1-0)
Parecía que o partido sería fácil para o locais pero pronto se viu que o xogo inicial era un espellismo. Comezouse a errar nos pases a ter fallos na recepción e a chegar tarde aos balóns. Perdeuse o dominio no centro do campo e un erro encadeado en defensa permite aos ferroláns igualar o marcador no minuto 18 (1-1).
O xogo seguía sendo frouxo, pero o maior físico dos locais permitía chegar á área visitante aínda que sen moita claridade. No minuto 38 una contra iniciada tras un roubo no medio campo, permite a Iván asistir a Andrés Novoa dentro da área, que non desperdicia a ocasión e anota o 2-1.
No límite do tempo (40') unha falta innecesaria en tres cuartos de campo forzada polo Numancia permite aos racinguistas pór un balón á área e permitir que tras unha serie de erros e rexeites o balón finalice nas redes, conseguindo así o empate. (2-2).
Tras o descanso os locais saíron revolucionados e novamente xogaron ben nos 5 minutos iniciais deixando case sentenciado o partido ao marcar 3 tantos.
No minuto 41 corner que saca Miguel e Martín envía ao fondo das redes (3-2).
No minuto 42 internada de Emilio polo dereita centro á área e tras non conseguir rematar nin Iván nin Carlos inicialmente o balón chega a Martín que desde a media lúa bate á meta visitante. (4-2)
No minuto 44 recuperación de balón de Martín que pon un pase ás costas dos defensas e Iván encara ao porteiro baténdoo por baixo. (5-2)
Despois do un inicio tan efectivo, vólvese a baixar o ritmo e permítese novamente que cheguen balóns á área local, até dúas claras ocasións son erradas polos visitantes antes de que no minuto 53 un novo balón á área permitise ao dianteiro ferrolán adiantarse á saída de Roberto e acurtar distancias. 5-3.
No 54, ao minuto de encaixar o gol, os locais conseguiron reaccionar e así un balón que Martín envía á área dispútao Iván e tras favorecerlle algún rexeite volve bater por baixo á meta visitante. (6-3)
A E.F.Racing deixouse ir e sen un gran xogo os locais volveron chegar con perigo no minuto 59 cando Emilio pasa a Óscar quen pon na área o balón para que Martín volva anotar. (7-3)
No minuto 37 execútase unha xogada moi ben levada desde a defensa onde Alberto abre a banda esquerda a Marcelo que sobe o balón a medio campo e pasa a Carlos quen se vai cara ao centro e busca a parede con Martín, pero este último en lugar de devolver o balón atrásao lixeiramente a Iván que desde tres cuartos de campo conecta un disparo que bate por alto á meta visitante. Gol de mérito, posto que un pouco antes, o porteiro racinguista sacara un disparo de Martín moi similar aínda que máis próximo á área. (8-3)
Finalizada así pois a primeira volta e situados en 5ª posición deixando a sensación que deste equipo pode dar moito máis de si. A irregularidade é a nota máis destacada posto que o mesmo conseguen xogadas de gran calidade que ao minuto desaparecen do campo.
Só queda dar ánimo aos rapaces, para que nesta segunda volta mellórese no xogo.